Miguel Primo de Rivera

Tras realizar os seus estudos militares, interven nas campañas coloniais de Marruecos, Cuba e Filipinas. Ascendido por méritos de guerra, en 1919 é xa tenente xeral. Tras ser capitán xeral de Madrid, pasa en 1922 a desempeñar este posto en Cataluña. A situación de inestabilidade xeral que sofre o país lle converten no obxectivo dos grupos interesados na abolición do caduco sistema de partidos. Militares, industriais, clases conservadoras, ven en el a prestixiosa figura que pode encabezar un golpe de Estado con posibilidades de éxito. Asi, en setembro de 1923, Primo de Rivera se pronuncia en Barcelona e forma un Directorio militar que anula as liberdades democráticas. Paternalista e arcaizante, a obra da Ditadura resultou moi desigual pero en xeral decepcionante. De forma progresiva, o rexime foi perdendo os apoios que tivera nun principio entre amplos sectores sociais. As suas realizacións non responderon as esperanzas dos seus partidários, e somente a pacificación de Marruecos e en certo sentido o ámbito das obras públicas poden sinalar-se como consecucións positivas. En 1930, abandona o poder. Morre en Paris poucos meses despois.