CONFEDERACIÓN ESPAÑOLA DE DEREITAS AUTÓNOMAS (CEDA).

 

Agrupación política española que reunia, nun bloque comun, a diferentes partidos de dereitas: republicanos, conservadores e monárquicos. Foi fundada e liderada por José María Gil Robles. Os seus princípios básicos eran a defensa de relixión católica e o conservadurismo social. As suas bases sociais eran as clases medias e o campesinado católico. Triunfaron nas eleccións de 1933 apoiando co voto dos seus diputados ao goberno de Lerroux. O propósito de Gil robles era era facer-se co goberno e mudar a Constitución, sobre todo no relacionado coa Reforma Agraria e a relixión católica. Forzou varias crise do goberno de Lerroux, na primeira ocorreron a revolución de Outubro do 34, da que a CEDA saiu reforzada entrando cinco ministros seus no goberno. A segunda a raiz do caso do Estraperlo, caiu o goberno de Lerroux e se convocaron eleccións, eleccións gañadas pola Fronte Popular. A raiz de iso perderon protagonismo como grupo, pero moitos dos seus militantes apoiaron a Franco na guerra civil.