A C.N.T.
Confederación Nacional de Traballadores, poderoso síndicato anarquista. No resto de Europa o anarquismo como fenómeno de masas desaparecera despois da I guerra mundial, en España seguiu medrando, espécialmente en Andalucía e Cataluña agrupado en torno a unha organización anarcosindicalista, a Confederación Nacional do Traballo (CNT), que xa en 1920 ténia 700.000 militantes. O seu obxectivo final era a total emancipación dos traballadores, o seu instrumento, a folga revolucionaria. Os anarquistas opuñan-se á republica por princípios, rexeitaban calquera tipo de goberno e loitaban por unha sociedade libre e igualitaria, sen deus, sen amos e sen propriedade privada. Dentro do anarquismo, sen embargo, existian diversas correntes que dividian o movimento. Os puristas só se conformaban con unha revolución social completa. Os moderados, con Anxo Pestana e Juan Peiró ao fronte, ainda que seguian os mesmo obxectivos crian que era necesário conseguir algunha concesión por parte do goberno que mellorase a mala situación dos obreiros. Entre os puristas mais radicalizados habia lideres como Buenaventura Durruti e Francisco Ascaso que se uniron á FAI (Federación Anarquista Ibérica), fundada en 1927 e cuxo obxectivo era opoñerse ó revisionismo anarquista.