PARTIDO RADICAL REPUBLICANO (PRR)
Fundado en Santander por Alejandro Lerroux García en 1908. Chegou o
poder coa sua victoria nas eleccións de 1933. Estivo no poder até
que o desgaste do poder, o escándalo do estraperlo, e a sua opción
moderada e burguesa, fixo-lle perder toda a sua influéncia (XV goberno
republicano).
O 16 de maio de 1934 membros do partido, liderados por Diego Martínez
Bairro, separaron-se formando Unión Republicana (UR) que despois entraria
a formar parte do Fronte Popular.
Considerado un partido de centro foi escorandose cara a dereita durante o bienio conservador a pesar do pasado revolucionario do seu lider Alejandro Lerroux, que é o que aparece na foto.