PAAU (LOXSE) 2003
COMPOSICION DUN TEXTO HISTORICO
Os documentos seguintes permiten elaborar unha composición sobre
a evolución política da Segunda República ata o golpe de
estado de xullo de 1936. Tal evolución estivo en gran parte marcada polos
resultados das diferentes eleccións a Cortes (Doc.1 ). Na primeira etapa,
a composición do Parlamento posibilita a promulgación dunha Constitución
(Doc.2) que abre o camiño a importantes reformas en diferentes ámbitos;
o triunfo das dereitas en 1933 supón un xiro esencial, manifesto xa no
programa electoral que se pretende aplicar (Doc.3); por último, o resultado
electoral de 1936 reinicia de xeito acelerado a política de reformas
(Doc.4), pero coa ameaza crecente dun golpe como o que se denuncia no Doc.5.
Lembra que debes apoiarte nas fontes subm inistradas para elaborar a túa
redacción.
Doc.l.-Gráfico simplificado (esquerdas/dereitas) dos resultados
electorais de 1931,1933 e 1936:

Doc.2.-Constitución de 1931:
" Art.l. España é unha República democrática
de traballadores de toda clase, que se organiza en réxime de liberdade
e de xustiza (...).
A República constitúe un Estado integral, compatible coa autonomía
dos municipios e das rexions (...).
Art.3.-O Estado español non ten relixión oficial (...).
Art.39. Os españois poderán asociarse ou sindicarse libremente
(...).
Art.44. Toda a riqueza do país, sexa quen for o seu dono, está
subordinada ós intereses da economía nacional (...). A propiedade
de toda clase de bens poderá ser obxecto de expropiación forzosa
por causa de utilidade social mediante adecuada indemnización (...).
Cos mesmos requisitos a propiedade poderá ser socializada (...),
Art.48. A ensinanza primaria será gratuita e obrigatoria. A ensinanza
será laica (...)".
Doc.3.-En outubro de 1933, o xornal ABC publica o programa electoral
da candidatura antimarxista por Madrid:
"Os candidatos da coalición antimarxista defenderán resoltamente
e por riba de todo a necesidade dunha inmediata derogación (...) dos
preceptos, tanto constitucionais coma legais, inspirados en designios laicos
e socializantes (...); traballarán sen descanso para acadar a cancelación
de tódalas disposicións confiscadoras da propiedade e persecutorias
das persoas, das Asociacións e das crenzas relixiosas (...). A impedir
que a política anticatólica. antieconómica e antinacional,
representanda polo socialismo e os seus subalternos (.,.), prevaleza (...) na
gobernación do Estado, irán vigorosa e enerxicamente encamiftados
tódolos nosos esforzos"
Doc.4.-En xaneiro de 1936, a Fronte Popular presenta o seo pacto-programa:
"Como suposto indispensable de paz pública, os partidos coaligados
comprométense:
1°, A conceder por lei unha ampla amnistía dos delictos político-sociais
cometidos posteriormente a novembro de 1933 (...). Restablecerán o imperio
da Constitución (...).
Derogarán inmediatamente a vixente lei de arrendamentos (...). Consolidación
na propiedade, previa liquidación, ós arrendatarios antigos e
pequenos (...).
A República ten que considerar o ensino como atributo indeclinable do
Estado (,..). Pularán, co ritmo dos primeiros años da República,
a creación de escolas de primeira ensinanza".
Doc.5.-José Diaz, secretario xeral do PCE, denuncia nas Cortes
a existencia dun complot contra o gobemo da Fronte Popular (15 de xullo de 1936):
"Señor Gil Robles (...), estamos completamente seguros de que en
moitas provincias de España se están a facer preparativos para
o golpe de Estado (...). Todos estamos vixiantes, a fin de que non poidades
levar a cabo os vosos intentos porque, de facelo así, levaredes a España
polo camiño polo que a levastes neses dous anos de represión,
de fame e de descrédito para o país. Nós non queremos esa
España, senón unha España democrática. onde haxa
benestar para os obreiros e para as clases populares (...). Non queredes acatar
o que representou o triunfo do 16 de febreiro".