COMO FACER UNHA COMPOSICIÓN DUN TEXTO DE TIPO HISTÓRICO

A Proba de selectividade consiste en facer unha composición baseada nunha serie de documentos históricos. Habitualmente son textos, ainda que tamén poden aparecer gráficas, mapas e fotos.
Tódolos documentos que se propoñan para comentar estarán debidamente identificados (autor, data, obra); ademais, irán precedidos dalgunhas aclaracións que axuden a centralos nun asunto ou proceso concreto. Neste nivel, non se trata de realizar ningún tipo de crítica documental, polo que as observacións sobre o carácter ou tipoloxía do documento resultan cando menos superfluas, e en moitas ocasións confusas.
Hai que centrarse pois moi claramente no tema proposto, pero non hai que lanzarse a escribir sin máis todo-lo que se saiba sobre un tema, a composición ten que basearse nos textos, e esto é moi importante.
Evidentemente o primeiro que hai que facer é ler a pregunta e os documentos un par de veces e suliñar, anotar, encadrar todo o que nos parezca importante. Vamos cun exemplo :


Exemplo de composición comentada
Nos textos propostos deféndense tres sistemas políticos diferentes: absolutismo (Doc.1), liberalismo (Doc.2) e democracia (Doc.3). Debes contextualizar cada documento nun período concreto da historia de España e caracterizar cada un dos réximes nos seus aspectos esenciais, salientando as diferencias en asuntos como a soberanía, a estructura do poder ou os mecanismos de participación e representación.
Doc.1.-En 1814, á volta de Fernando VII a España, os partidarios do absolutismo asinan o coñecido como "Manifesto dos persas":
"A monarquía absoluta é unha obra da razón e da intelixencia: está subordinada á lei divina, á xustiza e ás regras fundamentais do Estado; foi establecida por dereito de conquista ou pola submisión voluntaria dos primeiros homes que escolleron ós seus reis. Así que o soberano absoluto non ten facultade de usar sen razón a súa autoridade (dereito que non quixo ter o mesmo Deus); por iso foi preciso que o poder soberano fose absoluto, para prescribir ós súbditos todo o que mira ó interese común, e obrigar á obediencia ós que se negan a ela (...).
Non podendo deixar de pechar este respectuoso Manifesto en canto permita a nosa representación e os nosos votos particulares coa protesta de que se estime sempre sen valor esa Constitución de Cádiz, e por non aprobada pola V. M. nin polas provincias (...) porque estimamos as leis fundamentais que contén de incalculables e trascendentes prexuízos".

Doc.2.-En 1845, Joaquín Francisco Pacheco, líder do Partido Moderado, defende o sufraxio restrinxido:
"Distinguimos hoxe, señores, os dereitos políticos dos dereitos civís; e se estes concedémolos a tódolos cidadáns, non así os primeiros, que non podemos outorgar senón ós que os han exercer ben (...).
O dereito electoral non será un dereito de todos, e as ínfimas clases de calquera país deberán estar privadas del pola razón sinxela de que non poderán exercelo convenientemente (...).
Tomouse por regra xeral como base para a concesión deste dereito o goce de certa renda ou o pagamento de determinada contribución. Este principio, señores, é racional e aceptable. A riqueza, ou por mellor dicir o benestar, a vida desafogada e fácil, en que o traballo material non é unha carga dura, non é a penosa ocupación de tódolos momentos, e deixa espacio para as concepcións do espírito; ese benestar mediano (...), ese é o que debe tomarse como condición de capacidade política, porque é o que dá a intelixencia e a valía na orde social (...).
Quen gaña afanosamente o seu sustento nun traballo ímprobo e co suor do seu rostro, quen non pode disfrutar algunha vez o digno descanso (...), quen está reducido a un escaso xornal (...), non pode pretender a consideración nin a estima política".


Doc.3.-O 20 de setembro de 1868, a Xunta Revolucionaria de Sevilla defende os principios da democracia:
"1. A consagración do sufraxio universal e libre, como base e fundamento da lexitimidade de tódolos poderes e única verdadeira expresión da vontade nacional.
2. A liberdade absoluta de imprenta (...).
3. A consagración práctica e inmediata de tódalas demais liberdades, a de ensino, a de cultos, a de tráfico e industria, etc. (...).
6. A abolición da Constitución bastarda que nos viña rexendo, e de tódalas leis orgánicas que dela se derivan (...).
8. Igualdade no repartimento das cargas públicas (...).
11. Cortes Constituíntes por sufraxio universal directo, para que decreten unha Constitución en harmonía coas necesidades da época".

Consellos:
Neste caso estamos ante unha composición sobre os diferentes sistemas políticos no século XIX baseada en tres documentos perfectamente identificados (moitas veces son 4 ou 5 documentos), non tes nada que adiviñar e tampouco tes que decir que tipo de documentos son.
O Primeiro que tes que facer é unha introducción, unha presentación da tua composición. Con tres ou catro lineas chega, pero non hai que esquencerse de facela. Por exemplo :
« Na España do século XIX sucederonse diversos sistemas políticos, dende o absolutismo defendido por Fernando VII ata o democrático defendido pola Xunta Revolucionaria de Sevilla, pasando polo moderado e o progresista. Nesta composición imos a explicar as caracteristicas destes réximes e os enfrentamentos e loitas que cada cambio de sistema supuso. »
Despois podes empezar a comenta-lo primeiro documento. Non esquenzas que tes que facer o que te piden na pregunta. Neste caso caracterizar e contextualizar cada un dos documentos. A contextualización histórica tes que facela sempre, é basica nos comentarios históricos. O mellor sistema é empezar decindo que é o documento 1. Por exemplo :
« O primeiro documento e o Manifesto dos Persas, escrito en 1814 polos partidarios do absolutismo.... »
Neste momento tes que facer duas cousas, contextualiza-lo texto, é decir, contar que pasou antes, as causas ou como se chegou a esta situación ; e comenta-lo texto, a veces podes comentar moito, outras veces son textos moi cortos e pouco se pode decir, pero sempre hai que comentar. No comentario ou cando sexa conven facer alusións constantes o texto, a mellor referencia é poñer (doc 1), exemplo :
« Unha das bases do absolutismo e o dereito divino, tal como aparece no doc.1 »
O final do comentario outra vez hai que contextualizar para decir que pasou despois : as consecuencias. Hasta cando ? o mellor e chegar ata a data do seguinte documento. Se é moito podes repartir, me explico : nas consecuencias do doc-1 podes explicar o que pasou mentras houbo absoltismo : 1833. E nas causas do doc.2 do que pasou entre 1833 e 1845.
Despois habería que pasar o doc. 2, pero non sempre é tan fácil, as veces o máis importante é facer un bo enlace entre os documentos, neste caso o salto cronóloxico é grande, de 1814 a 1845. Xa viche como se pode facer un bó enlace, e despois segues igual :
« O segundo documento é.... »
Recorda sempre que tes que basearte nos textos. O final é importante facer unha conclusión xeral da composición, nela podes aportar opinións personais... se son interesantes.