PAAU (LOXSE) 2000 (Esta composición foi posta no selevtivo de xuño do ano 2000)
COMPOSICIÓN DUN TEXTO HISTÓRICO
A rebelión militar do 18 de xullo de 1936 foi o punto culminante
dunha confrontación que xa se viña producindo desde a mesma proclamación
da República en 1931. Mentres no Doc.1 o xeneral Franco expón
as razóns dos sublevados, no Doc.2 o presidente das Cortes defende a
lexitimidade da República. O teu comentario debe centrarse nos asuntos
máis conflictivos que motivan a insurrección e que foran unha
constante nos cinco anos anteriores, prestando atención ós intereses
defendidos por cada parte e ás forzas sociais e políticas que
apoian a cada bando.
Doc.1.-Alocución radiada do xeneral Franco (18 de xullo de 1936),
na que xustifica a rebelión contra e República:
"A situación de España é cada día máis
crítica; a anarquía reina na maioría dos seus campos e
pobos; autoridades de sona gubernativa presiden, cando non fomentan, as revoltas;
a tiro de pistola e ametralladoras dirímense as diferencias entre os
cidadáns (...), sen que os poderes públicos impoñan a paz
e a xustiza. Folgas revolucionarias de toda clase paralizan a vida da Nación
(...). Os monumentos e tesouros artísticos son obxecto do máis
asañado ataque das hordas revolucionarias, obedecendo a consigna que
reciben das directivas estranxeiras, coa complicidade e neglixencia dos gobernadores
(...).
Ó espírito revolucionario e inconsciente das masas, enganadas
e explotadas polos axentes soviéticos (...), únese a neglixencia
de autoridades de todas clases (...).
A Constitución, por todos suspendida e vulnerada, sufre un eclipse total:
nin igualdade ante a lei, nin liberdade (...), nin unidade da patria, ameazada
polo desgarramento territorial (...). ¿É que podemos abandonar
a España ós inimigos da patria, con proceder covarde e traidor,
entregándoa sen loita e sen resistencia? ¡Iso non! Que o fagan
os traidores, pero non quen xuramos defendela".
Doc.2.-O día 2 de agosto de 1936, o presidente das Cortes republicanas,
Diego Martínez Barrio, enxuíza así a insurrección
militar:
"Os xenerais e oficiais que se lanzaron en armas fixérono contra
o Estado español, representado por un Presidente da República,
nomeado legalmente, e coa asistencia e aínda co voto de deputados de
tódolos partidos; por unha Cámara lexítima elixida sen
tacha, durante o mando dun goberno adversario, duns partidos que resultaron
triunfantes nas eleccións, e por un poder executivo constitucionalmente
designado (...).
Certo é que o Estado e os seus poderes lexítimos atópanse
asistidos co máis desinteresado dos concursos das clases obreiras, representadas
polos seus sindicatos e partidos. Así, o Socialista como o Comunista,
así a CNT como a UGT, así a Federación de Grupos Libertarios
como o Partido Sindicalista (...). Pero detrás do Estado atópanse
tamén en liña de combate os partidos republicanos que contribuiron
á instauración do réxime en abril de 1931 (...), as clases
comerciais, industriais e agrícolas do país (...), o pobo español
(...).
Toda rebelión descansa sobre un suposto de falsidade: o de aparentar
crer que a gobernación do país está secuestrada por poderes
ilexítimos e que o triunfo do Estado se traduciría na implantación
dun réxime político comunista (...).
¿Por qué o fixeron? ¿Por qué o fixeron? Simplemente
trátase de substituir a vontade xeral do pobo enteiro pola dunha clase
social desexosa de perpetuar os seus privilexios. Nin amor a España,
nin desacougo polo corpo da Patria, nin temores polo seu desmembramento, nin
desasosego polo desenvolvemento da súa economía (...)".