Revolución de Asturias

A folga xeral. Convocada pola UXT para o día 5, en toda España, contou cun apoio local irregular dos anarquistas e comunistas e tivo eco nalgunhas cidades como Sevilla, Córdoba, Valencia, San sebastián, Barcelona, Bilbao ou Madrid. A escasa planificación e o cansazo dun verán repleto de folgas, frustrou a tentativa. O Goberno declarou o estado de guerra, mobilizou o exército e neutralizou os focos en folga. A folga provocou graves incidentes en Cataluña e en Asturias.

. En Asturias e norte de León o chamamento á folga xeral deu lugar a unha intensa insurrección obreira que pretendía facerse co poder político e controlar os medios de producción. A alianza de todas as forzas obreiras, anarquistas, socialistas e comunistas, baixo a consigna UHP (Unión de Hermanos Proletarios) permitiu que os mineiros, provistos de dinamita e armas, ocuparan cuarteis da Garda Civil e dominaran unha gran parte da rexión, incluído Oviedo. Nos pobos ocupados palas forzas obreiras, os concellos foron substituídos por comités revolucionarios. Nas zonas controladas polos anarquistas organizáronse auténticas comunas nas que se decretou a socialización dos medios de producción e a abolición do diñeiro, e nas de control comunista estableceuse a dictadura do proletariado. Nalgunhas zonas rexistráronse actos de violencia anticlerical (queima de igrexas, asasinatos de sacerdotes).

Chamada do Comité revolucionario de Asturias
"República de obreiros e campesiños de Asturias. Traballadores:

O avance progresivo do noso glorioso movemento vaise estendendo por toda España; son moitas as pobo
ñolas onde o movemento está consolidado co triunfo dos trabal/adores, campesiños, obreiros e soldados. (...)

Instaladas as nosas emisoras de radio en onda corren te e onda curta, teranvos ao corren te de todo. (...)

É preciso o derradeiro esforzo para a consolidación do triunfo da Revolución. O inimigo fascista vaise rendendo así como se van entregando os compoñentes mercenarios co seu aparato represivo, fusís, metral/adoras, cartuchería, proxectís varios (que non podemos sinalar para que non se coñeza o material de combate de que dispoñemos).

As fazas do exército da derrotada República do 14 de abril, bátense en retirada e nas nasas avanzadillas vanse sumanda soldados para enrolarse no noso glorioso movemento.

Adiante traballadores, mulleres, campesiños; soldados e milicia nos revolucionarios!

!Viva a revolución social!"

O COMITÉ REVOLUCIONARIO. Proclama. 7-10-1934.