O Bloque Nacional

Os monárquicos e conservadores formaron, a finais de 1934, o Bloque Nacional, manifestamente contrario ao réxime e á Constitución da República.


Principios políticos do Bloque Nacional:


"Españois: Un grupo de concidadáns acordaron coincidir en: (...) A afirmación de España unida e en orde (...) e a negación do existente Estado constitucional. Unha España auténtica, fiel á súa historia e á súa propia imaxe: unha e indivisible, Esta é a primeira liña do noso programa de acción: defensa a vida ou morte e exaltación frenética da unidade española (...). E se queremos unha España auténtica debemos proclamaba católica mediante a concordia moral do Estado coa Igrexa. (...)

Queremos un Estado integrador que, a diferencia do Estado anárquico actual, impoña a súa peculiar autoridade sobre todas as clases, sexan sociais ou económicas. A era ruinosa da loita de clases está tocando á súa fin (...).

Coincidimos en rexeitar o Parlamento fundado no sufraxio universal inorgánico (...). O sentimento nacional xenuíno está secuestrado por unha Constitución antiespañola en espírito e letra (...) O Exército non é o brazo senón a columna vertebral da patria.

iPor España e para España! iAdiante, adiante, adiante en Bloque Nacional!"

BLOQUE NACIONAL. Manifesto. 8-12-1934.