Os sucesos de Casas Viejas

As medidas reformistas do Goberno para mellorar a condición social dos traballadores do campo foron obstaculizadas polos grandes e medianos propietarios que,en moitos casos, deixaron de traballar a terra e non contrataban braceiros. Estas actitudes provocaban a desesperación pola falta de traballo, situación que orixinaba tumultos e alteración da orde pública. Os sindicatos convocaban folgas e manifestacións. Nalgúns puntos de Castela, Andalucía e Estremadura producíronse ocupacións ilegais de terras.0 acontecemento máis tráxico deste tipo de conflictos sucedeu en Casas Viejas, un pobo gaditano situado nunha zona de fame endémica, desemprego e pobreza estrema, agravada polo boicot dos patróns á República. 0 día 10 de xaneiro de 1933, os seus habitantes proclamaron o comunismo libertario, colectivizaron as terras, cortaron as liñas telefónicas e cavaron trincheiras. A represión foi especialmente sanguinaria: os campesiños sublevados (entre os que estaba o anarquista Curro Cruz, alcumado Seisdedos) foron acurralados, algúns queimados na casa onde resistían e outros fusilados sen xuízo previo.
Estes feitos causaron un forte impacto na opinión pública e foron utilizados polas dereitas para desprestixiar ao Goberno. Ademais, os revolucionarios de esquerda querían acabar con esta república que cualificaban de burguesa e que non atendía ás demandas sociais do pobo.

A MAN DE SEISDEDOS

"Segundo as nosas noticias, os sucesos de Casas Viejas tiveron o punto de maior emoción co bombardeo e queima da casa onde se refuxiaron os sindicalistas. (...) Tan axiña como se tivo noticia en Cádiz do ocorrido en Casas Viejas, dispúxose a saída dunha Secci6n de Asalto con metralladoras, bombas de man e outros elementos, para a defensa dos seus compañeiros, atacados polos revoltosos. (...) O tiroteo durou ata as sete da mañá e a esta hora as forzas, en vista de que os extremistas non se rendían, comezaron a lanzar bombas de man contra a casa, que foi incendiada polos catro costados, quedando totalmente destruída. (...) Mañá serán enviados a Casas Viejas 400 gardas civís e unha sección de gardas de asalto para restablecer a orde naquela zona. Tamén se dispuxo que de Sevilla vaian a Casas Viejas algúns avi6ns para protexer a descuberta que haberá que facer para reparar as liñas telegráficas e telefónicas que están cortadas. "

La Voz de Galicia. 13-1-1933.