Estatuto de autonomía de Cataluña
A Constitución republicana intentou conxugar as aspiracións de autogoberno dalgunhas rexións coa defensa do Estado unitario, establecendo que o Estado integral republicano era compatible coa autonomía dos municipios e das rexións. Aquelas zonas que, en razón de afinidades históricas, culturais e económicas decidiran organizarse como rexión autónoma, deberían elaborar un Estatuto de Autonomía e superar as seguintes condicións: ser proposto pola maioría dos concellos, ser aprobado polos dous tercios dos electores da rexión en referendo e, por último, ser aprobado polas Cortes.
Os cataláns iniciaron o proceso de elaboración do Estatuto autonómico antes de aprobarse a Constitución republicana. Unha comisión reunida en Nuria elaborou un proxecto que foi aprobado polos representantes dos concellos cataláns (case por unanimidade en xuño de 1931 ) e en referendo popular (cun 99% de votos afirmativos o 2-8-1931 ). A súa discusión nas Cortes foi lenta e polémica, acelerándose tras a intentona golpista de Sanjurjo; foi aprobado en setembro de 1932 por 334 votos a favor e 24 en contra. O Estatuto garantía a Cataluña moitas das súas aspiracións.O goberno catalán -Generalitat- quedaba integrado por un Parlamento, o Presidente da Generalitat e un Consello executivo. Dispoñía de facultades lexislativas e executivas amplas en facenda, economía, educación e cultura, transportes e comunicacións e orde pública.
"Art. 1. Cataluña constitúese en rexión autónoma dentro do Estado español. 0 seu territorio é o das provincias de Barcelona, Tarragona, Lleida e Xirona no momento de aprobarse este Estatuto.
Art.2. O idioma catalán é, como o castelán, idioma oficial en Cataluña (...).
Art. 74. A Generalitat estará integrada polo Parlamento, o presidente da Generalitat e o Consello Executivo. As leis interiores de Cataluña, ordenarán o funcionamento deste organismo, de acordo co Estatuto e coa Constitución. O Parlamento, que exercerá funcións lexislativas, será elixido por un prazo non maior de cinco anos, por sufraxio universal directo, igual e secreto.
0 presidente da Generalitat asume a representación de Cataluña (...). Será elixido polo Parlamento de Cataluña (...).
Art. 75. Todas as cuestións de competencia que aparezan entre as autoridades da República e da Generalitat ou entre xurisdiccións dos seus respectivos organismos serán resaltas polo Tribunal de Garantías Constitucionais."