Ideario político de Falanxe Española

"O movemento de hoxe, que non é un partido, senón que é un movemento, case poderiamos dicir un antipartido, non é de dereitas nin de esquerdas (...).Isto é o que esixe o noso sentido total da patria e do Estado que ten que servila:Que todos os pobos de España, por diversos que sexan, se sintan harmonizados nunha irrevocable unidade de destino.

Que desaparezan os partidos políticos. Ninguén nace membro dun partido político; en cambio, nacemos todos membros dunha familia; somos veciños dun municipio; afanómonos no exercicio dun traballo. Pois se esas son as nosas unidades naturais, se a familia, o municipio e a corporación son nas que de verdade vivimos, ¿para que necesitamos o instrumento intermediario e pernicioso dos partidos políticos que, para unirnos en grupos artificiais, comezan por desunirnos nas nosas realidades
auténticas?

Queremos menos palabrería liberal e máis respecto áliberdade profunda do home. Porque só se respecta a liberdade do home cando selle considera, como facemos nós, portador de valores eternos (...).Queremos que o espírito relixioso (...) sexa respectado e amparado como merece, sen que por iso o Estado deixe de exercer funcións que lle son propias. (...)Queremos que España recobre decididamente o sentido universal da súacultura e da súa historia.

E queremos, por último, que se isto ten que alcanzarse nalgún caso pola violencia, non nos deteñamos ante a violencia (...). Está ben, si, a dialéctica como primeiro instrumento de comunicación. Pero non hai máis dialéctica admisible que a dialéctica dos puños e das pistolas cando se ofende á xustiza e á patria."

José Antonio PRIMO DE RIVERA. Discurso de fundación de Falanxe.
Madrid, 29-10-1933.