A Fronte Popular
Desde as esquerdas deféndese a creación dunha ampla coalición contra as dereitas e o fascismo. En xaneiro de 1936 asínase o pacto de creación da Fronte Popular con participación das principais forzas de esquerda; o seu programa preséntase como continuador das reformas do primeiro bienio republicano.
.-En xaneiro de 1936, a Fronte Popular presenta o seo pacto-programa:
"Os partidos políticos de Esquerda Republicana,
Unión Republicana e Partido Socialista, en representación de si
mesmos e da Unión Xeral de Traballadores, Federación Nacional
de Xuventudes Socialistas, Partido Obreiro de Unificación Marxista, Partido
Comunista, Partido Sindicalista, sen prexuízo de deixar a salvo os postulados
das súas doutrinas, chegaron a comprometer un programa político
común que sirva de fundamento e cartel á coalición das
súas respectivas forzas na inmediata contenda electoral e de forma de
goberno que terán que desenvolver os partidos republicanos de esquerda
co apoio das forzas obreiras en caso de victoria: Como suposto indispensable
de paz pública, os partidos coaligados comprométense:
1°, A conceder por lei unha ampla amnistía dos delictos político-sociais
cometidos posteriormente a novembro de 1933 (...). Restablecerán o imperio
da Constitución (...).
Derogarán inmediatamente a vixente lei de arrendamentos (...). Consolidación
na propiedade, previa liquidación, ós arrendatarios antigos e
pequenos (...).
A República ten que considerar o ensino como atributo indeclinable do
Estado (,..). Pularán, co ritmo dos primeiros aflos da República,
a creación de escolas de primeira ensinanza".