O erro Berenguer
“Non, non é unha errata. É probable que nos libros futuros de historia de España se atope un capítulo co mesmo título que este artigo. O bó lcitor, que é o cauteloso e alerta, advertirá que nesa expresión o señor Berenguer non é o suxeito do erro, se non o obxecto. Non se di que o erro sexa de Berenguer, se non mais ben o contrário -que Berenguer é o erro, que Berenguer é un erro-. Son outros, pois, quenes han cometido e cometen; outros toda unha porción de España, ainda que, ao meu xuízo, non moi grande. Por iso trasciende ese erro os limites da enganación individual e ficará inscrito na história do noso país. (...)
A Ditadura foi un poder omnímodo e sen limites, que non
só operou sen lei nen responsabilidade, sen norma non xa establecida,
pero nen aun coñecida, se non que non se há circunscriyo á
órbita do público, antes ben penetou na orde do privadísimo.
E que a ese feito responde o Rexime co Goberno Berenguer, cuxa política
significa: voltemos tranquilamente á normalidade polos meios mais normais,
fagamos "como se" aqui non pasase nada radicalmente novo, substáncialmente
anormal.
Este é o erro Berenguer do que a história falará.
E como é irremediablemente un erro, somos nós, e non o Rexime mesmo; nós xente da rua, de tres ao cuarto e nada revolucionários, quen temos que dicer ao noso conciudadanos: Españois, o voso Estado non existe! Reconstruí-o ! Delenda est Monarchia."
José Ortega y Gasset. (El Sol, 15 de novembro de 1930).
De
esquerda a dereita: Antonio Machado, Gregorio Marañón, Ortega
y Gasset e Ramón Pérez de Ayala;Foto tomada no teatro Juan Bravo de Segovia, ol 14 de febreiro de 1931, no mitin da Agrupación ó Servicio da República |