PACTO DE SAN SEBASTIAN
Asinou-se en Agosto de 1930, sendo un acordo entre os principais representantes da oposición republicana para formar unha plataforma comun de acción contra a Monarquia. Este pacto representa un momento decisivo no final do sistema da Restauración e do reinado de Alfonso XIII.

Os seus principais integrantes foron:

- O republicanismo “histórico”, encarnado na figura de Alejandro Lerroux, fundador do Partido Radical en 1908.
- A nova esqierda republicana de Manuel Azaña que xunto a Marcelino Domingo e Alvaro Albornoz, representaba os elementos do radical-socialismo.
- Os socialistas, cuias principais figuras eran Indalecio Prieto e Fernando de los Ríos.
- O catalanismo de esquerdas con figuras como Carrasco Formiguera, Matías Malliol e Jaume Aiguader.
- O rexionalismo galego, con Casares Quiroga ó frente da ORGA (Organización Repúblicana Galega Autónoma), partido republicano galego.
- O republicanismo moderado con persoaxes comaNiceto Alcalá Zamora ou Miguel Maura. Alcalá Zamora sería elexido presidente do comité revolucionario creado coa firma do Pacto de San Sebastián.

Nota oficiosa

"na morada social de Unión Republicana e baixo a presidencia de D. Fernando Sansisin, reuniron-se esta tarde don Alejandro Lerroux e don Manuel Azaña, pola Alianza Republicana; don Marcelino Domingo, don Alvaro de Albornoz e don Anxo Galarza, polo partido republicano radical socialista; don Niceto Alcalá Zamora e don Miguel Maura, pola dereita liberal republicana; don Manuel Carrasco Formiguera, pola Acción Catalana; don Matías Mallol Bosch, pola Acción Republicana de Cataluña; don Jaime Ayguadé, polo Estat Catalá, e don Santiago Casares Quiroga, pola Federación Republicana Galega, entidades que, xuntamente co partido federal español -o cual, en espera de acordos do seu próximo Congreso, non pode enviar nengunha delegación-, integran a totalidade dos elementos republicanos do país. ."

Outros pormenores

San Sebastián, 18 (9 m.).- A pesar da reserva guardada por cantos asistiron á xuntanza das esquerdas, poidemos obter algunha ampliación ós puntos de vista recollidos na nota oficiosa facilitada á Prensa.

O problema referinte a Cataluña, que é o que mais dificuldades podia ofrecer para chegar a un acordo unánime, ficou resolto no sentido de que os reunidos aceipaban a presentación a unhas Cortes Constituintes dun estatuto redactado libremente por Cataluña para regular a sua vida rexional e as suas relacións co Estado español.

Este acordo fixo-se extensivo a todas aquelas outras rexións que sintan a necesidade dunha vida autónoma.

En relación con este mesmo problema defendeu-se na xuntanza que os dereitos individuais deben ser estatuídos polas Cortes Constituyentes, para que non poda dar-se o caso de que a entrada nun rexime democrático supuxese un retroceso nas liberdades públicas.

Tanto para as Cortes Constituintes como para a votación do estatuto polas rexións se utilizará o sufráxio universal.

(El Sol, 18 de agosto de 1930.)