A reforma agraria.
A España de 1931 seguía a ser un país basicamente rural; o 45,51% da poboación activa tiña o seu emprego no campo e case a metade desta poboación campesiña eran obreiros agrícolas sen terras, ou pequenos propietarios e arrendatarios con explotacións tan reducidas que eran insuficientes para a súa subsistencia. A distribución da propiedade da terra case non experimentara transformacións desde os procesos desamortizadores do século XIX. A situación era especialmente grave no campesiñado estremeño e andaluz.
A reforma das estructuras agrarias foi un proceso lento e complexo e, tras interminables discusións e atrasos, foi aprobada en 1932 a lei de bases da reforma agraria que autorizaba a expropiación, mediante indemnización, de terras concedidas en usufructo aos campesiños asentados nelas:
"Base 5°. Serán susceptibles de expropiación as terras incluídas nos seguintes apartados:
1°.As ofrecidas voluntariamente polos seus donos (...).
4°. As fincas rústicas de corporacións,
fundacións e establecementos públicos que as exploten en réxime
de arrenda
mento, parceiría ou calquera outra forma que non sexa explotación
directa (...).
6°. As que constituíron señoríos xurisdiccionais (...).
7°. As incultas ou manifestamente mal cultivadas (...).
8°. As que debendo regarse (...) aínda non están
regadas (...).
11°. As pertencentes a un só propietario (...) sempre que teñan asignado un líquido impoñible superior ao 20% do continxente total da riqueza rústica do termo municipal en que estea situado, sempre que a súa extensión exceda a sexta parte do mesmo, expropiándose a porción que sobrepase do mencionado líquido impoñible."
Lei de bases da reforma agraria. 9-9-1932.