A reforma educativa

O goberno de Azaña desenvolveu unha intensa actividade educativa. Na Constitución estaba a nova filosofía educativa: ensino obrigatorio, gratuíto e laico.O Ministerio de Instrucción Pública deseñou un ambicioso programa de escolarización que incluía a creación de numerosas escolas e a mellora da formación dos mestres, especialmente de ensino primario. O número de escolas aumentou en varios miles, os Institutos de Bacharelato duplicáronse, mellorou a calidade do ensino, desenvolvéronse clases para adultos, creáronse novos centros de investigación (como o Instituto de Investigacións Científicas), recoñeceuse o dereito do emprego das linguas de España no ensino, diminuíron as taxas de analfabetismo... Nunca na historia de España se fixera tanto en tan pOUCO tempo

. O desexo de levar a instrucción e a cultura a todos os lugares de España propiciou a aparición de novas experiencias. Entre elas destacaron as Misións Pedagóxicas, organizadas polo Ministerio e que levaron polos pobos teatro, cine, conferencias, libros... e A Barraca, agrupación teatral de estudiantes universitarios dirixidos por Federico García Lorca que percorreu España representando pezas de teatro clásico e popular, ás veces adaptadas polo propio Lorca.

As Misións pedagóxicas

"Un acontecemento inesperado veu alegrar as nosas vidas. Xa nos chegaran noticias dunha creación da República que estaba tendo moito éxito por onde pasaba: as Misións Pedagóxicas. Un grupo de profesores e estudiantes de Madrid e outras cidades que viaxaban cargados de libros, películas, gramófonos e instalábanse un ou varios días nos pobos que máis o necesitaban para compartir coa xente unha festa de cultura. Escritores, artistas, intelectuais, sumábanse ás Misións día a día. Oiramos falar diso e agora se nos anunciaba a través da Inspección que o pobo de Ezequiel fora elixido para celebrar unha Misión. (...) Cando circulou a noticia (...) o murmurio converteuse en algarabía. Abertamente, a xente preguntaba: ¿Que veñen facer? ¿É para o voto? ¿Canto nos van sacar? (...) O Inspector (...) presentouse no pobo e convocou na escola os veciños. Con discreción e prudencia falou á xente. "Non se trata de pedirvos diñeiro. ramp
se trata de facer propaganda política. redes que entender que é un esforzo da República apoiado por persoas desinteresadas que dedican s- t emocionante e estas xentes non esquecerán o que viviron. (...) Vexo aos máis pequenos absortos co movemento dos títeres. Vexo aos vellos contemplando por vez primeira as imaxes en movemento. Escoito as preguntas dos cativos, máis interesados no misterio da máquina que no propio milagre da película. (...) Mundos descoñecidos apar ante os ollos dos campesiños. Documentais doutros países, cine de humor; debuxos animados. A música popular coñecida e amada e aqueloutra que escribiron xenios universais, todo era seguido en reverente silencio. (...) Os aplausos torpes e suaves ao principio, enérxicos de seguido, cerraron a festa. Algúns tiñan os ollos cheos de bágoas."

Josefina R. ALDECOA. Historia dunha mestra. 1990.