A Reforma Militar
A reforma do exército supuso un dos restos máis importantes para o goberno repúblicano, tanto é asi que o propio Azaña asumiu a carteira do ministerio da guerra. O exército español era anticuado e estaba afeito a intervir na vida política. A República propoñia-se modernizar este exercito anticuado e con exceso de oficiais (un por cada nove soldados). O Exército via as reformas republicanas con profunda desconfianza, pero era o proxectado estatuto de autonomia catalán o que os militares conservadores consideraban como a ameaza mas imediata. A chamada “Lei Azaña” admitía o retiro, co soldo íntegro, de todos os xerais e oficiais que non quixesen emprestar xuramento de fidelidade á República. Fronte ás pretensions da República o Exército respondeu coas armas. O 10 de agosto de 1932 o xeral José Sanjurjo, que declarara a sua lealdade ao novo goberno en 1931, se ergueu contra a República en Sevilla:
"Nas reformas de Guerra buscouse principalmente unha cousa moi sinxela (...): dotar á República dunha política militar; que non existía no noso píaís (...).
O exército servía en España para todo: para dirimir discordias da dinastía, para ir ás campañas coloniais, para ir a Africa; pero nunca, desde que rematou a Guerra de Independencia, se tratou en España de organizar e de formar o exército en condicións tales que poida competir cun exército estranxeiro, nunha guerra de carácter internacional. (...)
O que máis destacaba na organización defectuosa do exército español, o que máis chamaba a atención ao público era o exceso de persoal na oficialidade. Este problema, que era grave, desde o punto de vista técnico e profesional, e non digamos desde o punto de vista do orzamento (...) non era o problema de fondo da organización militar española (...).
Entón publiquei eu un decreto de retiros voluntarios, o máis xeneroso dictado en ningún país cando un país ten que eliminar parte da súa oficialidade militar (...).
E ¿que é o que hai que facer co exército, o mesmo nunha república que nunha monarquía? Reducilo á súa propia función, que é a de prepararse para a guerra. O exército non ten outra cousa que facer: prepararse para a guerra, preparar aos soldados e preparar os cadros de xefes e oficiais, que tamén teñen que practicar e estudiar."
Manuel AZAÑA [presidente do Goberno e ministro de Guerra]. Discurso [nas Cortes]. 2-12-1931
O Ministro da guerra Manuel Azaña pasando revista.