A Reforma relixiosa

A igrexa loitaba por conservar os seus privilexios ante as reformas republicanas, contaba co apoio dos poderosos e a fé moitos humildes pero era tamén o branco do odio de todos aqueles que a consideraban a aliada do poder, a defensora do imobilismo. No outono de 1931 as Cortes prepararon un anteproxecto de Constituición que pretendia acabar co enorme poder da Igrexa. O artigo 26, un dos mais importantes, separaba Igrexa e Estado. Para maior confusión e crispación dos sectores conservadores, o 13 de outubro de 1931 Manuel Azaña declarou que: “España deixou de ser católica”, mensaxe que a Igrexa interpretou mal. Azaña quixera dicer que España xa non era un país de corte clerical pero a frase foi quitada do seu contexto e lle valeu o odio e a inimizade dos sectores conservadores. As clausulas anticlericais da nova Constitución debateron-se nas Cortes pero, ao haber maioria republicano-socialista no consistorio, todas as medidas sairon adiante e a Constitución promulgou-se en decembro de 1931.

Os republicanos e socialistas no goberno estaban decididos a reducir o poder da Igrexa. ao longo de 1932 e 1933 a República dedicou-se en corpo e alma á promulgación de leis destinadas a acabar coa influéncia da Igrexa na sociedade. Disolución da Compaña de Xesus e confiscación dos seus bens; matrimonio civil, divorcio e secularización de cementerios; proibición do ensino ás ordes relixiosas.

A Constitución de 1931 aborda así a cuestión relixiosa:
" Art. 3. O Estado español non ten relixión oficial (...).
Art, 26. Tódalas confesións relixiosas serán consideradas como Asociacións sometidas a unha lei especial. O Estado, as rexións, as provincias e os Municipios. non manterán, favorecerán, nin auxiliarán economicamente ás Igrexas, Asociacións e institucións relixiosas. Unha lei especial regulará a total extinción, nun prazo máximo de dous anos, do presuposto do Clero. Quedan disoltas aquelas Ordes relixiosas que estatutariamente impoñian, ademais dos tres votos canónicos, outro especial de obediencia a autoridade distinta da lexítima do Estado (,..). As demais Ordes relixiosas someteranse a unha lei especial votada por estas Cortes Constituíntes e axustada ás seguintes bases:
la. Disolución das que polas súas actividades constitúan un perigo para a seguridade do Estado (...).
4a. Prohibición de exercer a industria, o comercio ou o ensino.
5.a Submisión a todas as leis tributarias do país".

.