Alfonso XIII renuncia ao trono:
A proclamación da República foi acoxida con euforia pola mayoría
da poboación. Para estas multitudes a republica representaba a esperanza dunha
nova España moderna e máis xusta. Mentras o país cerebraba a proclamación
da República, Alfonso XIII abandoaba palacio por derradeira
vez rumbo o exilio. Antes de marchar deixou ós españois esta proclama:
"As eleccións celebradas o domingo revélanme
claramente que non teño hoxe o amor do meu pobo. A miña conciencia
dime que ese desvío non será definitivo, porque procurei sempre
servir a España e puxen o único afán no interese público
ata nas máis críticas coxunturas. (...)
Acharia medios sobrados para manter as miñas rexias prerrogativas (...).
Pero, resoltamente, quero afastarme de canto sexa lanzar a un compatriota
contra outro en fratricida guerra civil (...) e mentres fala a nación
suspendo deliberadamente O exercício do Poder Real e alónxome
de España, recoñecéndoa deste xeito como a única
dona dos seus destinos. (...)"
(ALFONSO XIII, Manifesto, Abril de 1931)
Afonso XIII no seu último ano de reinado.