Achegamento á historia de Noia

Por Marisa López Vivero

É moi frecuente que nas tradicións dos pobos haxa referencias míticas e a heroes de remotas terras, como primeiros poboadores do seu territorio tentando, así de relacionar a súa orixe con antepasados de prestixio. Noia non ía ser unha excepción e xustifica a súa fundación nada menos que á neta de Jafet ( fillo de Noé), Noela, quen atracaría nestas costas despois do Diluvio. O escudo da vila recolle esta lenda ó representar a Noé asomado á ventá da Arca, debaixo, as ondas do mar e sobre ela unha pomba cun ramo de oliveira, pechando o conxunto a Coroa Real.

Está situada no fondo da ría de Muros e Noia, entre as puntas de Abruñeiras e Testal.O municipio limita ó N. co río Tambre que o separa de Outes, ó S. e ó L. Con Lousame e os concellos de Brión e Porto Son ó N.L.. e SO. Respectivamente.

O territorio, pouco elevado,ten forma triangular e está rodeado dunha serie de montañas: San Lois, San Marcos, A Perouta, Berrimes,Sobreviñas e Tállara.Un dos bordes do triángulo serían os ríos Traba ( que recolle as augas do Vilacoba, Pesqueira e S. Xusto) pasa por debaixo dunha ponte gótica do s.XIV ( Ponte de Traba) e xúntase co Tállara baixo a Ponte de Noia.A súa posición estratéxica convértea nun lugar ideal para o control do comercio atlántico, refuxio de barcos e vía natural de acceso a Santiago. Climaticamente, a ría de Muros e Noia encóntrase englobada no dominio oceánico hiperhúmido.

Dentro do termo do Concello os restos prehistóricos máis antigos remóntanos ó Megalítico do que só temos noticia da Anta de Argalo ( Cova da Moura) situada no lugar do Páramo e o camiño que conduce a ela bordea un dos tres castros catalogados: o de Sobreviñas, os outros dous son o de San Lois , asentado no cumio do monte e A Croa do Castro en Santa María de Róo.

Os primeiros testemuños escritos proceden dos escritores clásicos como Pomponio Mela e Plinio e tamén aparece citado no Itinerario de Antonino( onde se describen as vías romanas) quen na vía chamada “per loca marítima”, denomina a unha das mansións ( lugares para descanso e avituallamento) como “Ad Duos Pontes”, sen embargo,a citada vía costeira, non pasaba pola actual Noia, moi posiblemente a vila estaría situada entre a Barquiña e Barro.

Nos séculos iniciais da Idade Media, entre o VIII e XI, prodúcese unha situación de inseguridade que afecta a Europa atlántica : son as invasións dos “pobos do mar” (normandos e viquingos) ós que hai que engadir, na Península, os musulmáns. Galicia e Noia non ían ser alleas ás acometidas destes pobos que obriga as poboacións costeiras a adentarse cara a terra buscando refuxio e terras de cultivo. No ano 1115 unha das “razzias” dos musulmáns arrasa practicamente a primitiva vila e leva ó rei Fernando II a conceder “Carta Puebla” fundacional a Noia en 1168 pois a expansión económica xeral dos séculos XII e XIII propiciou o crecemento dos núcleos urbanos xa existentes e a aparición doutros novos que non obrigaba á desaparición do primeiro, como é o caso de Noia. En Galicia a aceleración do proceso urbanizador xira en torno a tres eixes:

· O Camiño de Santiago.

· As sedes episcopais.

· As vilas costeiras.

En efecto, a “invención” (achado) do sepulcro do Apóstolo Santiago atraerá unha crecente afluencia de peregrinos e non só polas vías terrestres, moito máis utilizadas, poderá achegarse a Santiago senón tamén as marítimas serán importantes vías de acceso e Noia é un bo exemplo de vila costeira que atrae a peregrinos e mercaderes, sobre todo británicos, ademais dos que, unha vez venerado o Santo, continúan a súa peregrinación ata Fisterra e o seu desenvolvemento estará baseado na actividade mercantil, pesqueira ...

Por mar chegaban tamén “os cruzados” que ían defender os Santos Lugares, como cita o profesor D.Álvaro de las Casas: “ hacia 1147 una armada salida de Dartmouth con soldados de Flandes, la baja Alemania, Inglaterra y Aquitania que tomaban parte la cruzada que predicara S. Bernardo, corrió gravísimo peligro a causa de una tormenta y pudo encontrar refugio en nuestro puerto donde se reunieron y repararon sus 200 naves”(A.delas Casas “O cemiterio de Sta.María a nova”.Estudio introductorio de X.Torres, páx.11).

Neste documento fundacional da vila ponse de manifesto o trato preferencial ós peregrinos ó suprimir o dereito chamado do “naufraxio”, desde A Coruña a Padrón, que concedía ó señor ( o Arcebispo) apoderarse dos navíos que naufragasen nas costas e os despoxos dos náufragos. O porto Totum Bonum vai ser cedido á Mitra Compostelá pero o rei reservará para a Coroa a metade do “dereito de ancoraxe”, imposto por fondear no porto, o cal pon de manifesto o seu valor económico.

O Arcebispo de Santiago, como señor da vila, tiña unha serie de privilexios sobre a vila de Noia, como mostra este documento dalgunhas cargas impositivas que cobros axentes do prelado e que evidencian a variada producción noiesa.

Iten ha de auer el mayordomo la meytad del diesmo de los marineros e de los hombres de las naves de los baxeles.
Iten ha de auer el mayordomo la meytad del dinero del pan e del millo de los labradores que van labrar fuera de la villa a las otras feligresías que dan por que non los onbres labradores a la eglesia (sic).
Iten a de auer el mayordomo la meytad del diesmo de las ortas que labrar fuera de la villa e de las fructas de las cortiñas de la villa.
Iten ha de auer el mayordomo la meytad de los dineros e ofertas de pan e de vino e de huauos e frutas que dan e ofrecen a la eglesia de sant Martiño de Noya por dia de defuntos e e por esa feira mayor (viernes santo) e a eglesia de Santa Maria la Nueua.
Iten ha de quer el mayordomo la meitad de los diesmos de las bestias brabas e de los poldros que an de dar por ledeyñas (letanías) de mayo e por el año de los que venden los vezinos de la villas en las feiras en el tiempo del año e de las bestias que fallan en el monte.
Iten ha de auer el mayordomo del portaje de la sal que viene a la villa e que della sale asy por mar como por tierra de los que no son veziños.
Iten ha de auer el mayordomo de la carga de cera XXX soldos.
Iten dan al mayordo las panaderas o cataneyras que venden el pan e castañas en el estanco por dexar vender ende en el tapal a los bebedores. Anse de avenir con el mayordomo por ello.
Iten ha de quer el mayordomo la carcelaje de los presos que lieva el mayordomo XXX soldos de cada uno que entra en lo rapal.
Iten ha de auer el mayordomo el omezio de los ombres que matan en la villa de Noya que son CX libres de cada un omezio.
Iten ha de auer el mayordomo la primera lamprea que los ombres de moyno (muíño) matar en el río Tamere desta parte so pena de LX soldos leoneses.
A.López Ferreiro:”Fueros municipales de Santiago y su tierra”

Tamén a Mitra Compostelá tiña poder para administrar xustiza como amosa este documento que o Arcebispo de Santiago, D.Xoan Arias concede á vila de como se debe administrar a xustiza nela:

1.Sy algun vizino fuer a casa de su vizino por rason de le facer mal e le entrar en la casa e le echar piedras o al (otra cosa semejante) febe aver al mayordomo LX soldos.
2. Sy alguno con palo o con fuste o en contra manera cualquier que lo derribe de terra e otro erger de terra, abrá al mayordomo LX soldosEt sy alguno fuer derribado e se erger por por sy, non debe aver al mayordomo de caeda masde X soldos.
3. Sy alguno llamar a muger alevosa (adúltera) e dicer que con los fijos agenos fornecidos, debe dar al mayordomo LX soldos, si non provar aquello que diz.
5. Et todo onbre que la justicia echar fuera de la villa, quando lo colleren debe aver al mayordomoV soldos.
6. Si la justicia quebrar las medidas del tabernero por justicia, debe a pechar aque tavernero V soldos: e es la meytas del mayordomo e la meytad de la justicia.
7. Et si algún onbre por sana echar mano en otro, asy en pao en callos, debe pechar por cada vegada V soldos; e asy fueren anbas las manos X soldos.
8. Si alguno dixere a su viziño que he ladrón he le nomear de qualquier fruto, se le non provar,debe pagar las novenas del furto al mayordomo.
9. La justicia debe tener la voz de la muger biuda que for vezina e de orfano que ovire pleito ante el jues.
10. Et sy el vizino de la villa dever alguna cosa a onbre de fuera de la villa e non ovier bienes, o el mayordomo non fallar penoras que del sean, et vizino non quizer pagar a diuda, et sy aquel cuyo deudor he querellar del a justicia, develo echar fuera de la villa e encontrar que ninguno no lo tenga en casa Et sy alguno lo acoger, debe pechar la devida a aquel cuyo devedor he.
A.Lòpez Ferreiro: Fueros municipales de Santiago y su tierra.

Pese a non ter carácter de reguengo, noia vai seguir contando co favor real con Alfonso IX (fillo de Fernado II) ó concederlle o privilexio de exclusiva para elaboración do saín (graxa obtida da sardiña) o que vai favorecer a industria e constata a riqueza de sardiña. Este privilexio, que comparte con Pontevedra, vai ser ratificado por Fernado III en 1238 e ademais engade ó escudo de noia a media lúa e as cadeas quebradas pola, ó parecer, axuda prestada pola vila na reconquista de Sevilla.

 

Noia, como cidade con poder económico, ten unha burguesía que aporta unha nova mentalidade, común en toda a Europa occidental, que potencia a busca de beneficio como resultado dunha actividade comercial polo tanto opoñeranse ó dominio da Mitra como señorío da vila pero tamén os monarcas pretenderán frear o poder dos señores feudais e temos, outra vez, relación coa dinastía real na figura de Alfonso X, o Sabio, quen, home do seu tempo, acepta as novas ideas xurdidas da actualización do Dereito Romano Cesarista dos legistas de Bolonia cunha clara tendencia a formas autoritarias. Ámbolos dous intereses converxen no desexo de suprimir o señorío eclesiástico e que vai ter o apoio real e de parte da nobreza noiesa, aínda que non se vai conseguir.

Sen embargo, isto non vai ser óbice para que parte da nobreza de habitantes noieses foran fieis ós Arcebispos, tal é o caso de Fr.Berenguel de Landoira, nomeado arcebispo de Santiago, vai encontrar refuxio e simpatía na vila, logo que en Santiago téñanse producido unha serie de revoltas con intención de depender directamente do rei e capitaneadas polo cabaleiro Alonso Suárez de Deza quen saqueaba as terras do señorío compostelá (cousa nada excepcional naquela época).

Este arcebispo, agradecido, vai contribuír o engrandecemento de Noia desde tras ámbitos:

1. Celebrando en 1319 un Sínodo diocesano.

2. Intercedendo ante a Corte en 1320 a concesión de fondos para a construcción da muralla.

3. Reedificando a Igrexa de Santa María (1327)

Sínodo é unha xunta do clero da Dioceses presido polo Arcebispo e, ademais dos asuntos eclesiásticos en si, esta xuntanza vai servir para ameazar con severísimas penas ós santiagueses sublevados. Con axuda da Coroa vai reducilos na Rocha, preto de Santiago, e alí “ o cabaleiro Deza perdeu a cabeza”....

Respecto á construcción da muralla, esencial para defensa, prestixio e incluso aproveitada para construcción de vivendas adosadas, D.Berenguel expón á raíña rexente, Dona María de Molina que:” los de la villa de Noia eran muy pobres et muy astragados por racon de cavalleros et de otros homes poderosos quelles mal por razon de que la dicha villa no es cercada” conseguindo un Real Privilexio mediante o cal os veciños de Noia quedaban exentos de tributos e cargas á Coroa durante seis anos o que permitía ós noieses acadar os fondos necesarios. Seguindo o profesor P.García Vidal, esta muralla non sería a primitiva.

A Igrexa de Santa María , de estilo gótico mariñeiro, vai ser reconstruída a partires dunha pequena capela polo que desde entón recibe o de A Nova, ten no seu tímpano de entrada a representación da Epifanía e a esquerda da Virxe co Neno aparece o propio D.Berenguel de Landoira.

A vila de Noia é xa considerada como un dos portos principais de Galicia,é por iso que vai ser ameazada, xunto con A Coruña, polo Duque de Lancaster, pretendente ó trono castelán, o rei Juan I manda reforzos e parece de comentou: “Mientras tenga en mi poder las villas y fortalezas de La Coruña y Noya, seré Señor de Castilla.

Outro arcebispo que vai ter, tamén, unha relación positiva con Noia é D.Lope de Mendoza o cal mandará reedificar a Igrexa de San Martiño, igualmente de estilo gótico mariñeiro, como no caso de Santa María tamén este arcebispo está representado no tímpano da entrada lateral. Pasará temporadas no pazo-fortaleza do Tapal e apoia as queixas dos veciños