O CENTRO
 
Os murais

Mural O Mar. Acrílico sobre táboa. Dirección Alfonso Costa 2002

Mural A Terra. Acrílico sobre táboa. Dirección Alfonso Costa 2002

A historia do centro

 

Os primeiros pasos. (Pequena historia) por Manuel Barreiro

Fotos e Orlas(en construcción)

P.E.C e Regulamento

Situación

Achegamento á historia de Noia por Maria Luisa López Vivero

Mais información >>

 
 
Actividades

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Como cada curso desde hai nove anos, o IES. Virxe do Mar celebrou a Semana Cultural. Dende o día 7 ao 11 de abril de 2003, a comunidade escolar participou en actos de diversa índole que teñen como obxectivo común a formación integral do noso alumnado. Conferencias, representacións teatrais e musicais, xogos, un certame de pintura rápida ao aire libre, recitais de poesía, danza, concertos corais... foron algunhas das actividades desta Semana.

Como en edicións anteriores, o Coliseo Noela quedou pequeno para acoller ao público que acudiu ás representacións teatrais e actuacións musicais do alumnado e do profesorado. Nesta ocasión foron dúas as obras de teatro postas en escea e interpretadas polo profesorado e alumnado do Centro: Xantar de memoria, dirixida polo profesor Fernando Vigo, e Lisístrata, dirixida polo profesor Carlos Maquieira. No apartado de conferencias, visitáronnos o biólogo Uxío Labarta, os historiadores Xerardo Agrafoxo e Xoán Mariño, o xornalista Demetrio Moreno e o profesor de literatura e escritor Xosé María Álvarez Cáccamo.

Gozamos tamén do inxenio do grupo teatral de Serafín Marcos, que representou a obra Escaleno e do bon facer do contacontos Ricardo de Barreiro

Non faltaron os xogos populares e de rol nos que participaron maioritariamente os máis pequenos. Ademais, o noso alumnado quixo resaltar dun xeito especial a súa postura a favor da paz recollendo e recitando poemas en diversas linguas, e de igual xeito manifestaron a través da música que outra catástrofe como a do Prestrige non deberá ocorrer NUNCA MÁIS.