PRINCIPIOS E OBXECTIVOS
REGULAMENTO DE REXÍME INTERIOR
PRINCIPIOS
E OBXECTIVOS
1. Principios educativos
1.2. Obxectivos educativos
2. Obxectivos da aprendizaxe
2. 1. Introducción
2.2. Propostas
2.3. Avaliación
1.Principios educativos
Os principios educaivos constitúen os
referentes básicos que deben rexer a vida do Instituto.
Estas ideas vertebradoras teñen vocación de permanencia
no tempo e sintetizan a idea do Centro que queremos:
I. Un Instituto no que a convivencia
se basee no diálogo e no respecto mutuo entre todos/as
membros da comunidade.
II. Un Instituto no que se viva un ambiente de traballo
que sexa motivador.
III. Un Instituto que persiga a formación integral
e o espírito crítico do alumnado e que atenda ás dimensións
transversais da educación (Educación para a igualdade,
a paz, a solidariedade, a tolerancia, a saúde, e o
repecto ao medio ambiente).
IV. Un Instituto que imparta ensino entegrado no medio,
en relación ás súas diferentes dimensións: social,
lingüística, cultural, económica, etc,; e aos diferentes
ámbitos: local, comarcal, autonómico, estatal, europeo,
mundial.
V. Un Instituto que fomente a participación activa
de todos os membros da comunidade educativa.
Estes principios educativos definen
unhas liñas de traballo prioritarias que se poden
sintetizar así:
a) A educación en valores como a solidariedade,
a tolerancia, o respecto mutuo e o compromiso coa
realidade tanto ntural como social.
b) A galeguización progresiva do ensino, tanto a nivel
lingüístico como de contidos de aprendizaxe.
c) Unha educación para a saúde entendida en entido
amplo (saúde persoal, física e mental, e saúde ambiental).
d) Unha educación cívica nos hábitos de debate e gtoma
de decisións de repcto á discrepancia e de cumprimento
das leis e normas democráticas.
1.2. Obxectivos
educativos
1.2.1. Unha educación en valores:
Fomentar o asociacionesmo, a comunicación e a solidariedade,
rompendo as dinámicas individualistas vixentes na
sociedade actual.
Potenciar o respecto mutuo e a convivencia amigable
Desenvolver a educación e a convievencia nun marco
de solidariedade, tolerancia e respecto á liberdade
de cada cal e a súa personalidade, sen discriminación
polas súas conviccións, condición social, sexo, raza,
etc.
Involucrar á Comunidade Educativa no desenvolvemento
afectivo, social, moral, intelectual e físico do alumnado.
Impulsar a realización de actividades extraescolares
e complementarias en tempo non lectivo e fomentar
a participación nelas.
1.2.2. Unha adecuación progresiva
do encino á realidade socio-cultural.
Fomentar a galeguización progresiva do encino, observando
o correcto cumprimento da legalidade no plano da Normalización
lingüística.
Conseguir un mayor uso do galego nas diferentes materias,
poniendo ao alcance do profesorado os medios necesarios.
Erradicar os prexuízos lingüísticos
Adecuar cada P.C.A. á realidade socio-cultural de
Galicia.
1.2.3. Unha educación para a
saúde.
Comprometerse no coidado do medio ambiente, facendo
propostas e actividades encamiñadas a esta finalidade.
Cumprir a lexislación vixente en materia de consumo
de tabaco.
Fomentar hábitos de hixiene.
1.2.4. Unha educación cívica
Conseguir un entorno menos agresivo, realizando unha
forte campaña de limpeza e coidado do material público.
Participar no mantemento limpo e coidado do Instituto.
Evitar que os problemas de disciplina interfiran no
aproveitamento das clases e no curso normal das actividades
do centro, aplicando un control rigoroso das ormas
de convivencia.
Lograr que os/as membros da comunidade educativa asuman
a necesidade de repectar as normas coas que o Centro
se dota para a consecución dos seus obxectivos.
Inculcar no alumnado a necesidade de manter un comportamento
cívico correcto no seu ámbito de relación social.
1.2.5. Unha mellora na calidade
dos procesos de encino e aprendizaxe:
Coñecer e utilizar con aproveitamento as instalacións
e recursos didácticos do Centro.
Formar ao alumnado nunha oferta cultural variada e
complexa, apoiando o asociacionismo no Instituto,
e mesmo a colaboración co Concello e con agrupación
culturais do entorno, de cara a ampliar as perspectivas
e alternativas forra do horario lectivo.
Favorecer a participación do profesorado e damais
membros da comunidade escolar en actividades de formación
permanente.
Propiciar o funcionamento, dentro do profesorado,
de grupos de traballo, tanto de seminario como interdisciplinares.
Fomentar o hábito lector, desde o pracer da lectura,
como vía para o desenvolvemento da imaxinación e a
formación.
1.2.6. O fomento do diálogo, a comunicación
e a participación:
Concienciar ao alumnado da importancia da función
que teñen os seus representantes para conseguir unha
comunicación fluída entre todos os estamentos da Comunidade
Educativa.
Realzar a función do profesor/a titor/a dotanto á
titoría dos medios necesarios para o desenvolvemento
do seu labor.
2. Obxectivos da aprendizaxe.
2.1. Introducción
A posta en marcha da LOGSE configura o sistema educativo
español de acordo cos principios e valores emanados
da Constitución; tal como se expresa no artigo 1 do
Título Preliminar da devandita lei, o proceso educativo
debe ter como fin harmonizar a adquisición de coñecementos,
hábitos intelectuais e técnicas de traballo, co desenvolvemento
pleno da personalidade do alumno/a; así como garantir
a súa formación no respecto ós principios democráticos
de convivencia (dereitos e liberdades fundamentais,
exercicio da tolerancia e da liberdade, etc...).
En consecuencia establécense dúas dimensións no proceso
de ensino-aprendizaxe...
a) Dimensión instructiva. A través da que se prentende
que o alumnado adquira unha serie de coñecementos
do patrimonio cultural, científico e tecnolóxico.
b) Dimensión formativa. A través da que se pretende
o desenvolvemento pleno da súa personalidade co fin
de garantir a súa integración como suxeito autónomo
crítico e activo na sociedade que o rodea.
Para falar duna concepción globalizadora do proceso
educativo como sinala o espírito da reforma os obxectivos
de ensino-aprendizaxe deben abarcar estes dous ámbitos
de actuación.
Para avalia-los mesmos recolléronse datos tanto das
enquisas realizadas entre os diversos axentes da comunidade
educativa como datos referidos ós resultados académicos
obtidos no curso 96/97. Con estas enquisas preténdese,
por unha banda, indagar cales son os obxectivos de
alumnos/as e profesores/as respecto ó proceso de ensino-aprendizaxe
e a súa correspondencia cos resultados académicos
cifrados; e por outra, se estes obxectivos son coincidentes
cos da Reforma tendo en conta a súa inmediata implantación
no Centro.
Á vista dos resultados das enquisas, consideramos
oportunas as seguintes:
2.2. Propostas
Para cumprir cos fins educativos sinalados na LOGSE
como o desenvolvemento integral da personalidade do
alumno/a, formación personalizada, fomento de hábitos
de comportamento democráticos, desenvolvemento duna
metodoloxía activa que asegure a participación do
alumnado nos procesos de ensino aprendizaxe,... etc,
convén ter en conta un conxunto de principios didácticos
que servirán para o desenvolvemento deste proceso.
2.2.1. principio de globalización,
que sopón que o ensino se organice en torno a núcleos
temáticos que permitan acadar ter unha visión de conxunto
dos contidos de aprendizaxe. A este respecto conviría
fomentar un tratamento interdisciplinario entre as
diversas materias do currículo; así como a coordinación
dos distintos departamentos.
2.2.2. principio de autonomía, que
significa a preparación do alumnado para aprender
por si mesmo. A este respecto conviría non reducir
o proceso de ensino-aprendizaxe á transmisión de contidos
conceptuais senón tamén adquiri habilidades e estratexias
de carácter procedemental (contidos procedementais)
2.2.3. principio de actividade, fai
referencia a que o aluno/a sexa considerado como un
suxeito activo que constrúe o seu propio coñecemento,
doque se deriva a potenciación duna actitude crítico-reflexia
acerca da realidade do seu entorno (contidos atitudinais).
2.2.4. principio de individualización,
fai referencia a que o proceso de ensino-aprendizaxe
se adecúe ás características concretas de cada alumno/a,
o que implica ter que diversificar as actividades
en función dos diferentes ritmos de aprendizaxe (realizar
unha avaliación inicial que permita coñecer o nivel
de desenvolvemento do alumno/a e os seus coñecementos
previos, agrupamento flexibles dentro da aula, atención
ás necesidades educativas do alumnado...)
2.2.5. principio de socialización,
fai referencia a que o proceso de ensio-aprendizaxe
se desenvolva dentro dun contexto de interacción social,
onde se produce un inercambio de información e experiencias
que permiten a confrontación de ideas, de diferentes
puntos de vista. Isto implica o uso de metodoloxías
cooperativas que fomente o traballo en greupo, favorezan
a participación do alumnado, que promovan o proceso
de socialización reforzando así contidos actitudinais
(tolerancia, repecto ás diferencias, respecto ós valores
democráticos...)
2.2.6. principio de creatividade,
fai referencia a que dende o proceso de ensino-aprendizaxe
debe formentarse o desenvolvemento de capacidades
creativas do alumnado (orixinalidade de ideas, actitude
interrogativa, curiosidade...). Isto presupón unha
flexibilidade no tratamento dos contidos do currículo.
2.3. Avaliación
En consecuencia a avaliación do proceso de aprendizaxe
do alumnado debe:
Ter un carácter integral (que abarque non só coñecementos,
senón destrezas, procedemeentos adquiridos, valores,
normas,...)
Ser un proceso de avaliación continua (presente ó
longo de todo o proceso de ensino-aprendizaxe) o que
supón o desenvolvemento duna avaliación inicial, procesual
e final.
Ter un carácter formativo, que teña como obxectivo
mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe e servir
de base para a toma de decisións curriculares.
REGULAMENTO DE
RÉXIME INTERIOR:
1 . Aspectos prácticos da organización da
participación de tódolos membros da comunidade educativa
2. Normas de convivencia que favorezan as relación
entre os membros
2.1. Faltas de asistencia
3. Actividades complementarias e extraescolares
4. Titorias
5. Asignación de responsabilidades non definidas na
normativa vixente
6. Organización do uso dos espacios e instalacións
do centro
7. Cambios de horas de clase
8. Retrasos
9. Integración do alumnado con Necesidades educativas
especiais
1 . Aspectos prácticos
da organización da participación de tódolos membros
da comunidade educativa
No referente á participación dos distintos
estamentos na organización da vida escolar, os titores
e titoras adicarán prte de alomenos unha das súas
clases cada mes, e a petición do alumnado da súa titoría,
a tratar asuntos relativos á marcha das clases ou
calquera outro de relevancia para o desenvolvemento
da actividade educativa no centro ou dentro do grupo.
Así mesmo daranse os oportunos permisos para que os
delegados e delegadas dos grupos asistan ás reunións
da Xunta de Delegados e a outras ás que puidesen ser
convocados polos representates do alumnado no Consello
Escolar, por algún membro do equipo directivo, etc.
A participación dos pais e nais, do profesorado e
do persoal subalterno farase a través do Consello
Escolar de acordo co establecido na lexislación vixente.
2. Normas de convivencia
que favorezan as relación entre os membros
As normas de convivencia, así coma os
actos que poden ser considerados contrarios a elas,
están recollidos no vixente Decreto de Dereitos e
Deberes do Alumnado, para a súa mellor aplicación
este Regulamento establece o seguinte procedemento:
As conductas contrarias á convivencia
(faltas de puntualidade, actitudes perturbadoras do
normal desenvolvemento das clases, etc) serán corrixidas
en primeira instancia polo profesor ou profera da
materia, quen ante a reiteración das mesmas porá os
feitos en coñecemento da Xefatura de Estudios.
O cargo Directivo de garda anoestará
ó alumno ou alumna, e deixará constancia do feito
e da corrección aplicada, tras o que o/a alumno/alumna
volverá á clase.
Cando un alumno ou alumna sexa enviado
ante o Cargo Directivo de garda por segunda vez, a
súa conducta será considerada contraria ás normas
de convivencia, e seralle imposta a prohibición de
asistencia ó Centro por un período de 1 á 3 días,
segundo acorden o profesor/a, o titor/a e o equipo
directivo.
A reincidencia nestas conductas contrarias
á convivencia, ou a comisión de actos gravemente prexudiciais
para a mesma, serán levadas ante a Comisión de convivencia
ou ante o Consello Escolar.
2.1. Faltas de asistencia.
As profesoras/es teñen a obriga de pasar
lista nas súas clases e anotar as faltas das alumnas/os
nos partes de falta, para que as titoras/es poidan
controlalas e comunicárllelas ós pais ou titores.
No caso de que os alumnos/as cheguen
ó número de faltas que se determinan a continuación
serán sancionados cun apercibimento escrito que constará
no seu expediente:
Materias de 2 horas semanais.................
4 faltas
Materias de 3 horas semanais................. 6 faltas
Materias de 4 horas semanais................. 8 faltas
No caso de que os alumnos/as cheguen
ó número de faltas que se determinan a continuación
serán sancionados coa perda do dereito á avaliación
continua, e examinaranse da proba extraordinaria que
a tal efecto realizará cada Departamento Didáctico
Materias de 2 horas semanais.................
6 faltas
Materias de 3 horas semanais................. 9 faltas
Materias de 4 horas semanais................. 12 faltas
As alumnas/os deberán xustificar as
súas faltas de asistencia en canto reinicien a asitencia
ás clases. Recoñeceranse só como xustificants os de
carácter médico. En calquera outro tipo de xustificación,
serán os propios pais ou titores da alumna/o quen,
persoalmente, ou, no seu defecto, por escrito xustificarán
a non asistencia. A validez desta última será valorada
polo titor/a quen poderá aceptala ou non.
3. Actividades complementarias e extraescolares
Tódalas actividade complementarias e
extraescolares do centro estarán coordinadas pola
vicedirección para tratar de acadar a mellor planificación
posible e para establecer unha rutina que faga cada
vez máis sinxela a súa programación e desenvolvemento.
Estas actividades poderán ser propostas polo Claustro,
polos Departamentos Didácticos, polos representantes
dos pais e nais ou polos do alumnado, e a Vicedirección
encargarase de facer unha valoración dos resultados
que, entre outros fins, deberá axudar a decidir a
conveniencia de repetir ou non unha determinada actividade,
de modificar en parte o seu enfoque ou o seu contido,
etc.
4. Titorias
Para un mellor desenvolvemento da función
titorial, os pais, nais ou titores que desexen entrevistarse
co titor ou titora do su fillo/filla comunicarán a
súa intención cunha antelación de alomenos dous días
para que o titor ou titora corespondente poida recadar
a máis completa información posible dos demais membros
da xunta de Avaliación.
Igualmente o/a titor/a procederá a explicar
antes da elección de delegado/a as funcións que ten,
así como a importancia que se dá a elección da/o delegada/o.
5. Asignación
de responsabilidades non definidas na normativa vixente
5.1. Gardas
O profesorado de garda deberá procurar
que as condicións de silencio e normalidade nos coredores
se restablezan o mais axiña posible no período entre
dúas clases intermedias así como despois de cada recreo
para que as sesións seguintes poidan comezar sen atrancos
de forma inmediata.
Mentres que o número de profesoras e profesoras de
garda o permita, estes deben substituír ós compañeiros
e compañeiras ausentes nas súas aulas, coidando de
que o alumnado permaneza nelas e non perturbe o desenrolo
das clases nas aulas adxacentes. En caso de que o
número de profesores/as ausentes fose superior ó de
profesores/as de garda, eses comunicarán tal circunstancia
ó directivo de garda, quen adoptará as medias oportunas.
Cada profesor ou profesora que substitúa a un compañeiro
ou compañeira ausente debe así mesmo anotar as faltas
dos alumnos/as e comunicarllas ó Xefe de Estudios.
As profesoras/es de garda terán que ocuparse, se procede,
dos alumnos que saian dun exame antes da saída completa
do curso, aínda que poderán, se o número é pequeño,
deixalos aír ó patio.
Naquelas horas en que o reducido número de profesores
e profesoras disponibles non permita asignarlles a
un deles a garda de biblioteca, serán todos eles,
de forma rotatoria, e dospois de verificar que a situación
no Centro é de normalidade, os que desempeñen esa
función.
Será función dos Profesores/as de garda acompañar
ou buscar quen acompañe ó hospital a aqueles alumnos/as
que sufran algún percance que necesite atención urxente.
5.2. Biblioteca
A biblioteca permanecerá aberta durante
toda a xornada lectiva.
6. Organización do uso dos espacios
e instalacións do centro
Aqueles profesores ou profesoras que
así o desexen poderán programar exames ou calquera
outra actividade docente polas tardes, se ben sería
conveninte que o puxesen en coñecemento do equipo
directivo para dar as oportunas instruccións ó persoal
subalterno, ou, en todo caso, comunicalo con antelación
a algún dos conserxes para que estes poidan modificar
as súas quendas de traballo se fose necesario.
7. Cambios de
horas de clase
O cambio de horas de clase terá como
obxectivo permitir que os alumnos/as cheguen ás súas
casas antes da hora habitual, dado o tardío da hora
de saída, así como aliviar as tarefas dos profesores/as
garda.
Estes cambios de hora, por tanto, terán as seguintes
limitacións:
1º Non se poderá alterar o número de horas lectivas
da semana (é dicir, non se poderá adiantar horas de
clase duna semana para outra.)
2º Só se poderán adiantar primeiras ou últimas horas
de clase, de tal modo que non se deixen horas libres
nos horarios dos alumnos/as
3º Unha profesora/or que falte por calquera motivo
poderáq recuperar algunha das horas perdidas (unicamente
dentro do horario lectivo de cada grupo) dando clase
na hora na que falte outro profesor. Será, por tnto
unha excepción do apartado 1º.
8. Retrasos
Todos aqueles alumnos/as que por motivos
razoados de transporte non poidan chegar á hora do
comezo das clases, ou teñan ue saír antes da hora
marcada, deberán xustificalo no momento do comezo
das actividades académicas.
Considéranse a tódolos efectos como
parte do Instituto aqueles lugares onde se realice
calquera actividade programada polo Instituto e realizada
por profesorado deste Centro con alumnado do mesmo
(incluíndo o Pavillón Polideportivo, a Piscina, excursións,
saídas, etc...)
9. Integración do alumnado con Necesidades
educativas especiais
A principio do curso reuniránse as Xuntas
da Avaliación daqueles grupos nos que haxa alumnado
con necesidades educativas especiais, para determinar
dentro do marco legal vixente, e co concurso do Departamento
de Orientación Pedagóxica as acción encamiñadas a
intgrar a eses alumnos/as
Igualmente se algún alumno/a sofre un
percance ó longo do curso que lle impida seguir o
normal desenvolvemento do Curso, actuarase segundo
o aprtado anterior.
O titor/a porase en contacto co afectado/a
para planificar as actividades que lle permitan seguir
o desenrolo das clases, incluíndo traballos que se
realicen na aula ou se manden especificamente para
facer na casa e que se recollerán unha vez rematados.
Polo que atinxe ós exames, se a duración
do percance ou enfemidade non permite a súa realización
dentro do período da Avaliación, e co consello da
titora/o e da Orientadora/o, se fose necesario, enviaríanselle
á cas, hospital, etc., ben os propios exames ou traballos
alternativos.