Información xeral
Módulos impartidos
Instalacións do departamento
Formación en Centros de Traballo
Bolsa de emprego
Galerías de imaxes do departamento de Informática
Proxecto de Software Libre: O MAGASI CD
Información das desfeitas do temporal do 18 de febreiro 2006
Revistas escolares - curso actual e anteriores
Mándanos un e-mail
OS COMEZOS
Desde o departamento de Coordinación de FCT(Formación en Centros de Traballo) do IES Xulián Magariños xestiónase desde o curso 2005-2006 unha bolsa de traballo para o seu alumnado do CF de Grao Superior de ASI.

Nun primeiro momento pensouse na posibilidade de colgar na web as ofertas de traballo das empresas e tamén os currículos do alumnado que xa rematou os estudos do ciclo. Esta idea foi descartada porque a experiencia demostrounos que as empresas prefiren que lle enviemos o alumnado xa preseleccionado en función do perfil que precisan para o posto que ofertan.

O NOSO LABOR
Porén o noso labor consiste en poñer en contacto as empresas cos antigos alumnos/as que cumpren nun principio cos requerimentos do posto.

CONTACTO PERMANENTE COAS EMPRESAS E O ALUMNADO
O departamento de Coordinación de FCT mantén contacto permanente, incluso nos períodos vacacionais e fins de semana, coas empresas e o alumnado, tanto por e-mail coma por teléfono.

EMPREGO PÚBLICO
Tamén nos encargamos de informar o alumnado de becas, oposicións e calquera outras convocatorias de emprego público que se adapten os estudos que teñen rematado.

RESULTADOS
Os resultados son moi satisfactorios e desde aquí queremos darlle as grazas as empresas que colaboran connosco neste proxecto.

CONTACTAR CONNOSCO
As empresas ou organismos que desexen participar na nosa bolsa de traballo deberán poñerse en contacto coa Coordinadora de FCT Mónica García Constenla, por calquera dos seguintes medios:
  • no enderezo de correo electrónico asinegreira@yahoo.es
  • ou ben no teléfono do instituto 981885349.



INSTRUCCIÓNS DE NAVEGACIÓN:
O texto en color azul, aínda que sen suliñar, é unha ligazón a máis información.
O suliñado aparece ó pasar co rato por riba do texto. Exemplo de ligazón
Ademáis na nosa web existen dous tipos de iconas:
É unha ligazón a máis información
Indica un novo apartado sen ligazón
Recomendamos empregar o navegador Mozilla Firefox

IES Xulián Magariños de Negreira © 2005 Portal Educativo


Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Accede á nosa Aula Virtual
Información publicada polo Equipo directivo
Proxecto INTERLER - Dpto. de Filosofía
Vida de Xulián Magariños
Viaxe a Grecia no Antroido 2007