
| Notas: |
|
Leucocito.- Célula incolora nucleada do sangue que constitúe a fracción das células brancas do mesmo. Leucopenia.- Número de leucocitos por debaixo das cifras consideradas normais. Leucemia.- Enfermidade neoplásica dos órganos produtores das células sanguíneas, caracterizada pola proliferación maligna dos tipos celulares presentes na médula ósea. Leucopoiese (leucopoese).- Proceso de formación dos leucocitos. Leucorrea.- Fluxo abrancazado procedente da vaxina ou da cavidade uterina. Leucorraxi.- Leucorrea abondosa. |