Primeira páxina Volver Continuar Última páxina Imaxes
APARATO CIRCULATORIO
Notas:
Leucocito.- Célula incolora nucleada do sangue que constitúe a fracción das células brancas do mesmo.
Leucopenia.- Número de leucocitos por debaixo das cifras consideradas normais.
Leucemia.- Enfermidade neoplásica dos órganos produtores das células sanguíneas, caracterizada pola proliferación maligna dos tipos celulares presentes na médula ósea.
Leucopoiese (leucopoese).- Proceso de formación dos leucocitos.
Leucorrea.- Fluxo abrancazado procedente da vaxina ou da cavidade uterina.
Leucorraxi.- Leucorrea abondosa.