
| Notas: |
|
Fibrina.- Proteína que se forma pola acción proteolítica da trombina sobre o fibrinóxeno no proceso de coagulación do sangue. Fibrinólise.- Disolución do fibrinóxeno no sangue. Fibrinóxeno.- Glicoproteína sintetizada no fígado que intervén no proceso de coagulación do sangue. Fibroscopio.- Aparello utilizado para transmitir imaxes por medio de fibra óptica na realización de manobras endoscópicas. Fibroblasto.- Célula do tecido conxuntivo, alongada e plana. Fibrocito.- Tamén se di fibroblasto. Fibroma.- Denominación dos tumores constituídos principalmente por tecidos fibroso ou conxuntivo maduros. Fibromatose.- Doenza caracterizada pola produción de múltiples fibromas. Fibromialxia.- Fatiga e dor muscular xeneralizado. Miofibrila (miofibriña).- Cada unha das pequenas fibras microscópicas constitutivas da fibra muscular. |