Primeira páxina Volver Continuar Última páxina Imaxes
Fibr(o)-
(fibra)
Notas:
Fibrina.- Proteína que se forma pola acción proteolítica da trombina sobre o fibrinóxeno no proceso de coagulación do sangue.
Fibrinólise.- Disolución do fibrinóxeno no sangue.
Fibrinóxeno.- Glicoproteína sintetizada no fígado que intervén no proceso de coagulación do sangue.
Fibroscopio.- Aparello utilizado para transmitir imaxes por medio de fibra óptica na realización de manobras endoscópicas.
Fibroblasto.- Célula do tecido conxuntivo, alongada e plana.
Fibrocito.- Tamén se di fibroblasto.
Fibroma.- Denominación dos tumores constituídos principalmente por tecidos fibroso ou conxuntivo maduros.
Fibromatose.- Doenza caracterizada pola produción de múltiples fibromas.
Fibromialxia.- Fatiga e dor muscular xeneralizado.
Miofibrila (miofibriña).- Cada unha das pequenas fibras microscópicas constitutivas da fibra muscular.