
| Notas: |
| Linfa.- Líquido que procedente dos tecidos, circula polos vasos linfáticos. Posúe elementos celulares, especialmente linfocitos e nunha composición semellante ó sangue. Linfadenopatía.- Doenza dos ganglios ou do tecido linfático. Linfoblasto.- Célula inmatura, precursora dos linfocitos maduros. Linfocito.- Leucocito mononuclear, que ten un papel esencial na defensa inmunolóxica. Linfocitopenia.- Diminución da cantidade sanguínea de linfocitos por debaixo das cifras consideradas normais. |