Primeira páxina Volver Continuar Última páxina Imaxes

APARATO CIRCULATORIO


Notas:

Linfa.- Líquido que procedente dos tecidos, circula polos vasos linfáticos. Posúe elementos celulares, especialmente linfocitos e nunha composición semellante ó sangue.
Linfadenopatía.- Doenza dos ganglios ou do tecido linfático.
Linfoblasto.- Célula inmatura, precursora dos linfocitos maduros.
Linfocito.- Leucocito mononuclear, que ten un papel esencial na defensa inmunolóxica.
Linfocitopenia.- Diminución da cantidade sanguínea de linfocitos por debaixo das cifras consideradas normais.