
| Notas: |
| Antropoloxía.- Ciencia que ten por obxecto o estudo e clasificación dos caracteres físicos dos grupos humanos. Fisioloxía.- Ciencia que estuda as funcións e as propiedades dos órganos e dos tecidos dos seres vivos. Bioloxía.- Ciencia que estuda os organismos vivos, os fenómenos vitais e as súas leis. Homólogo.- Relativo aos órganos pares, iguais entre si ou a cada unha das metades correspondentes dun órgano impar. Citoloxía.- Ciencia que trata das células, da súa estrutura e funcións. Heterólogo.- Que está constituído por un tecido anormal para a parte da que se trata. Dermatoloxía.- Parte da medicina dedicada ó diagnóstico e tratamento das doenzas da pel. Inmunoloxía.- Ciencia que estuda os procesos inmunitarios nos seres vivos. Farmacoloxía.- Ciencia que estuda os medicamentos e a súa acción sobre o organismo. Traumatoloxía.- Rama da medicina que se ocupa do estudo e tratamento dos traumatismos. |