Primeira páxina Volver Continuar Última páxina Imaxes
LEG-/LOG-/(DICIR, RAZOAR)
-LOXÍA (ESTUDIO)
Notas:
Antropoloxía.- Ciencia que ten por obxecto o estudio e clasificación dos caracteres físicos dos grupos humanos.
Fisioloxía.- Ciencia que estuda as funcións e as propiedades dos órganos e dos tecidos dos seres vivos.
Bioloxía.- Ciencia que estuda os organismos vivos, os fenómenos vitais e as súas leis.
Homólogo.- Relativo aos órganos pares, iguais entre si ou a cada unha das metades correspondentes dun órgano impar.
Citoloxía.- Ciencia que trata das células, da súa estrutura e funcións.
Heterólogo.- Que está constituído por un tecido anormal para a parte da que se trata.
Dermatoloxía.- Parte da medicina dedicada ó diagnóstico e tratamento das doenzas da pel.
Inmunoloxía.- Ciencia que estuda os procesos inmunitarios nos seres vivos.
Farmacoloxía.- Ciencia que estuda os medicamentos e a súa acción sobre o organismo.
Traumatoloxía.- Rama da medicina que se ocupa do estudio e tratamento dos traumatismos.