
| Notas: |
|
Cardialxia.- Dor na rexión do corazón. Cardite.- Inflamación do corazón. Endocardite.- Inflamación aguda ou crónica do endocardio. Pericardite.- Inflamación do pericardio. Bradicardia.- Lentitude anormal do latexo cardíaco con diminución da frecuencia do pulso por debaixo de 60 pulsacións por minuto. Miocardite.- Inflamación do miocardio. Taquicardia.- Aumento da frecuencia e o ritmo dos latexos do corazón. |