
| Notas: |
|
Cardiopatía.- Calquera enfermidade conxénita ou adquirida do corazón. Cardiófono.- Estetoscopio que permite oí-lo son das contraccións do músculo cardíaco. Cardiógrafo.- Instrumento que se coloca na rexión cardíaca e indica graficamente a forza e forma das sístoles e diástoles. Cardiograma.-Trazado obtido co cardiógrafo. Cardioscopio.- Instrumento para a exploración dos movementos do corazón. Endocardio.- Membrana endotelial que recobre a superficie interna das cavidades do corazón e as válvulas cardíacas. Miocardio.- Músculo cardíaco do corazón localizada entre o endocardio e o pericardio. Pericardio.- Saco membranoso, de natureza fibroelástica, que rodea o corazón. |