
| Notas: |
| Amenorrea.- Ausencia patolóxica de menstruación. Leucorrea.- Fluxo abrancazado procedente da vaxina ou da cavidade uterina. Diarrea.- Aumento na cantidade e na frecuencia das deposicións, xeralmente de consistencia líquida. Blenorrea.- Derramo ou segregación de fluxo nunha superficie mucosa especialmente da uretra ou da vexiga. Otorrea.- Derramo de líquido, especialmente purulento, polo oído. Gonorrea.- Infección causada polo microorganismo Neisseria gonorrhoeae, que se transmite principalmente por contacto sexual. Broncorrea.- Segregación excesiva de moco polos bronquios. Piorrea.- Inflamación purulenta do periósteo dos alvéolos dentarios. Reuma.- Proceso patolóxico que afecta ó tecido conxuntivo do aparello locomotor, que ten como síntomas a dor e a rixidez da estrutura deste aparello. Dismenorrea.- Irregularidade da función menstrual acompañada de dor. Rinorrea.- Derramo de abundante mucosidade nasal líquida. Galactorrea.- Segregación anormalmente excesiva de leite. Seborrea.- Alteración das glándulas sebáceas con producción esaxerada de sebo. |