Primeira páxina Volver Continuar Última páxina Imaxes
FLUÍR/FLUXO (-RREA)
Notas:
Amenorrea.- Ausencia patolóxica de menstruación.
Leucorrea.- Fluxo abrancazado procedente da vaxina ou da cavidade uterina.
Diarrea.- Aumento na cantidade e na frecuencia das deposicións, xeralmente de consistencia líquida.
Blenorrea.- Derramo ou segregación de fluxo nunha superficie mucosa especialmente da uretra ou da vexiga.
Otorrea.- Derramo de líquido, especialmente purulento, polo oído.
Gonorrea.- Infección causada polo microorganismo Neisseria gonorrhoeae, que se transmite principalmente por contacto sexual.
Broncorrea.- Segregación excesiva de moco polos bronquios.
Piorrea.- Inflamación purulenta do periósteo dos alvéolos dentarios.
Reuma.- Proceso patolóxico que afecta ó tecido conxuntivo do aparello locomotor, que ten como síntomas a dor e a rixidez da estrutura deste aparello.
Dismenorrea.- Irregularidade da función menstrual acompañada de dor.
Rinorrea.- Derramo de abundante mucosidade nasal líquida.
Galactorrea.- Segregación anormalmente excesiva de leite.
Seborrea.- Alteración das glándulas sebáceas con producción esaxerada de sebo.