
| Notas: |
| Arteriografía.- Rexistro gráfico do pulso arterial. Hemograma.- Reconto ou fórmula sanguínea na que se indican o número e a proporción dos diferentes tipos celulares. Audiograma.- Rexistro da agudeza auditiva dun individuo. Mamografía.- Procedemento radiográfico utilizado na exploración das glándulas mamarias. Ecografía.- Técnica exploratoria baseada na obtención de imaxes gráficas formadas pola recepción de ecos de ultrasóns. Miografía.- Rexistro gráfico das contraccións musculares, realizado cun miógrafo. Electrocardiógrafo.- Aparello para a practicada electrocardiografía. Tomografía.- Radiografía seriada por planos paralelos. Electrocardiograma.- Representación gráfica das correntes eléctricas xeradas pola actividade do músculo cardíaco. Radiografía.- Impresión dunha placa fotográfica por raios X. |