Primeira páxina Volver Continuar Última páxina Imaxes
-GRA(F)- (gravar, escribir)
Notas:
Arteriografía.- Rexistro gráfico do pulso arterial.
Hemograma.- Reconto ou fórmula sanguínea na que se indican o número e a proporción dos diferentes tipos celulares.
Audiograma.- Rexistro da agudeza auditiva dun individuo.
Mamografía.- Procedemento radiográfico utilizado na exploración das glándulas mamarias.
Ecografía.- Técnica exploratoria baseada na obtención de imaxes gráficas formadas pola recepción de ecos de ultrasóns.
Miografía.- Rexistro gráfico das contraccións musculares, realizado cun miógrafo.
Electrocardiógrafo.- Aparello para a practicada electrocardiografía.
Tomografía.- Radiografía seriada por planos paralelos.
Electrocardiograma.- Representación gráfica das correntes eléctricas xeradas pola actividade do músculo cardíaco.
Radiografía.- Impresión dunha placa fotográfica por raios X.