
| Notas: |
| Ortopedia.- Corrección mecánica ou cirúrxica das desviacións e deformidades en xeral. Osteoblasto.- Célula produtora de tecido óseo. Osteocito.- Célula ósea que hai na estrutura íntima do tecido óseo. Osteoma.- Tumor duro de estrutura semellante á do tecido óseo. Osteomalacia.- Trastorno metabólico dos ósos, consistente nunha deficiente mineralización na matriz ósea e que se caracteriza pola brandura progresiva dos ósos. Osteoxénese.- Desenvolvemento do tecido óseo. Osteopenia.- Termo xeral que designa os trastornos de remodelación ósea nos que existe perda de masa ou de densidade esquelética. Osteoporose.- Formación de espacios anormales no óso. Periostio.- Membrana fibrosa pegada aos ósos, que os recubre e vale para a súa formación, nutrición e renovación. |