
| Notas: |
| Mialxia.- Dor muscular. Miastenia.- Debilidade muscular. Miocardite.- Inflamación do miocardio. Miodinia.- Mialxia (dor muscular). Mioglobina.- Proteína que da cor aos músculos, diferente da hemoglobina pola súa maior afinidade polo osíxeno, menor polo CO2 e peso molecular inferior. Mioma.- Tumor formado por elementos musculares. Miopatía.- Termo xeral que abrangue as afeccións da musculatura esquelética. Miosarcoma.- Mioma con elementos sarcomatosos (tecido conxuntivo). Electromiograma.- Trazado obtido na electromiografía que consiste no rexistro gráfico das correntes eléctricas producidas pola contracción muscular ou pola reacción dun músculo ao estímulo eléctrico. Endomisio.- Capa interna do músculo, moi fina, de fibras reticulares que cubre cada unha das fibras musculares. Fibromialxia.- Dor provocada por patoloxías que afectan ás fibras musculares. Perimisio.- Vaíña finísima do tecido conxuntivo que rodea o músculo e manda/envía prolongacións que separan os diversos fascículos musculares. |