Primeira páxina Volver Continuar Última páxina Imaxes
APARATO LOCOMOTOR
Notas:
Mialxia.- Dor muscular.
Miastenia.- Debilidade muscular.
Miocardite.- Inflamación do miocardio.
Miodinia.- Mialxia (dor muscular).
Mioglobina.- Proteína que da cor aos músculos, diferente da hemoglobina pola súa maior afinidade polo osíxeno, menor polo CO2 e peso molecular inferior.
Mioma.- Tumor formado por elementos musculares.
Miopatía.- Termo xeral que abrangue as afeccións da musculatura esquelética.
Miosarcoma.- Mioma con elementos sarcomatosos (tecido conxuntivo).
Electromiograma.- Trazado obtido na electromiografía que consiste no rexistro gráfico das correntes eléctricas producidas pola contracción muscular ou pola reacción dun músculo ao estímulo eléctrico.
Endomisio.- Capa interna do músculo, moi fina, de fibras reticulares que cubre cada unha das fibras musculares.
Fibromialxia.- Dor provocada por patoloxías que afectan ás fibras musculares.
Perimisio.- Vaíña finísima do tecido conxuntivo que rodea o músculo e manda/envía prolongacións que separan os diversos fascículos musculares.