
| Notas: |
| Hipoacusia.- Diminución da sensibilidade auditiva. Hipocalcemia.- Diminución da taxa de calcio no sangue. Hipocinesia.- Diminución do movemento. Hipocolesterolemia.- Diminución da taxa de colesterol no sangue. Hipodipsia.- Sede escasa ou nula. Hipófise.- Glándula endócrina situada debaixo do hipotálamo. Hipoxenitalismo.- Estado de menor desenvolvemento ou actividade xenital debido a unha insuficiencia da secreción hormonal testicular ou ovárica. Hipoglucemia.- Diminución da concentración de glicosa no sangue por debaixo dos seus límites normais. Hipohidrose.- Sudación escasa. Hipomenorrea.- Menstruación deficiente en cantidade ou duración, pero a intervalos normais. Hipomixia.- Secreción deficiente de moco. Hiponatremia.- Deficiencia de sodio no sangue. Hipopituitarismo.- Secreción deficiente da hipófise ou glándula pituitaria. Hipotiroidismo.- Secreción deficiente da glándula tiroides. |