Primeira páxina Volver Continuar Última páxina Imaxes

Hipo- (debaixo de, deficiencia)


Notas:

Hipoacusia.- Diminución da sensibilidade auditiva.
Hipocalcemia.- Diminución da taxa de calcio no sangue.
Hipocinesia.- Diminución do movemento.
Hipocolesterolemia.- Diminución da taxa de colesterol no sangue.
Hipodipsia.- Sede escasa ou nula.
Hipófise.- Glándula endócrina situada debaixo do hipotálamo.
Hipoxenitalismo.- Estado de menor desenvolvemento ou actividade xenital debido a unha insuficiencia da secreción hormonal testicular ou ovárica.
Hipoglucemia.- Diminución da concentración de glicosa no sangue por debaixo dos seus límites normais.
Hipohidrose.- Sudación escasa.
Hipomenorrea.- Menstruación deficiente en cantidade ou duración, pero a intervalos normais.
Hipomixia.- Secreción deficiente de moco.
Hiponatremia.- Deficiencia de sodio no sangue.
Hipopituitarismo.- Secreción deficiente da hipófise ou glándula pituitaria.
Hipotiroidismo.- Secreción deficiente da glándula tiroides.