Primeira páxina Volver Continuar Última páxina Imaxes

SISTEMA NERVIOSO


Notas:

Meningocele.- Malformación conxénita secundaria a un defecto no peche do arco neural.
Meningococo.- Bacteria (Neisseria meninxitidis) axente etiolóxico da meninxite cerebroespiñal.
Meningoencefalite.- Inflamación simultánea do encéfalo e das meninxes.
Meninxe.- Cada unha das tres membranas, duranai, aracnoides e pianai, que recorren o encéfalo e a medula espiñal.
Meninxioma.- Tumor das meninxes de crecemento lento, moi vascularizado e que crece por expansión e nunca é metastásico.
Meninxite.- Inflamación das meninxes, especialmente da aracnoides e pianai.