
| Notas: |
| Meningocele.- Malformación conxénita secundaria a un defecto no peche do arco neural. Meningococo.- Bacteria (Neisseria meninxitidis) axente etiolóxico da meninxite cerebroespiñal. Meningoencefalite.- Inflamación simultánea do encéfalo e das meninxes. Meninxe.- Cada unha das tres membranas, duranai, aracnoides e pianai, que recorren o encéfalo e a medula espiñal. Meninxioma.- Tumor das meninxes de crecemento lento, moi vascularizado e que crece por expansión e nunca é metastásico. Meninxite.- Inflamación das meninxes, especialmente da aracnoides e pianai. |