Primeira páxina Volver Continuar Última páxina Imaxes
SISTEMA NERVIOSO
Neur(o)- /-neur-
(nervio)
Notas:
Neuralxia.- Termo xeral das afeccións cuxo principal síntoma é a dor intensa, intermitente, ao longo dun nervio ou nervios.
Neurite.- Afección inflamatoria dun nervio ou nervios.
Neuroma.- Tumor constituido por células e fibras nerviosas e que se desenvolven nun nervio e está acompañado dunha fortísima dor.
Neurona.- Unidade histolóxica e fisiolóxica do sistema nervioso (célula)
Neurocirurxía.- Cirurxía do sistema nervioso.
Neuroloxía.- Coñecementos relativos ao sistema nervioso e as súas enfermidades.
Polineurite.- Inflamación simultánea de varios nervios periféricos.