
| Notas: |
| Neuralxia.- Termo xeral das afeccións cuxo principal síntoma é a dor intensa, intermitente, ao longo dun nervio ou nervios. Neurite.- Afección inflamatoria dun nervio ou nervios. Neuroma.- Tumor constituido por células e fibras nerviosas e que se desenvolven nun nervio e está acompañado dunha fortísima dor. Neurona.- Unidade histolóxica e fisiolóxica do sistema nervioso (célula) Neurocirurxía.- Cirurxía do sistema nervioso. Neuroloxía.- Coñecementos relativos ao sistema nervioso e as súas enfermidades. Polineurite.- Inflamación simultánea de varios nervios periféricos. |