Normas de uso

Normas de uso do servizo de aloxamento web

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establece unhas normas para garantizar o correcto uso do espazo de aloxamento web, así como o correcto funcionamento do servidor. Calquera incumplimento das mesmas autoriza á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a suprimir a conta no servidor.

  1. O aloxamento está restrinxido a centros públicos de ensino non universitario galegos. Calquera outra entidade educativa que queira aloxar a súa páxina web no servidor deberá obter autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
  2. O responsable último dos contidos publicados en calquera páxina aloxada neste servidor será o director do centro ao que pertenza a devandita páxina.
  3. Os contidos das páxinas aloxadas non poden vulnerar a lexislación vixente, por exemplo en apartados como a normativa de protección de datos. Tamén queda prohibido difamar, abusar, acosar, ameazar ou infrinxir de calquera outra forma os dereitos legais doutras persoas.
  4. Queda prohibido o uso comercial do sitio.
  5. A Consellería de Educación e O.U. non se fai responsable da existencia de arquivos que conteñan virus, cabalos de Troia, vermes ou calquera outro software similar que poida prexudicar o funcionamento dos equipos ou a propiedade de terceiros. A responsabilidade de revisar os arquivos queda nas máns da persoa a cargo do sitio no propio centro (por defecto, o director do centro).
  6. A Consellería de Educación e O.U. non se fai responsable do contido de páxinas ás que se poida acceder mediante enlaces a terceiros, sempre que estes enlaces apunten a sitios que non sexan aloxados por ela.
  7. A Consellería de Educación e O.U. poderá revisar o código de calquera páxina ou script do que se sospeite que causa problemas de seguridade ou de rendemento ao servidor, podendo incluso bloquea-lo acceso ao recurso problemático.
  8. A Consellería de Educación e O.U. non se fará responsable da perda de información ou de contidos por mal uso das ferramentas de administración, e unicamente estará obrigada a restaurar a última copia de seguridade dispoñible. Recomendámoslles aos usuarios que, antes de facer ningún cambio, garden unha copia dos datos existentes.

Se vostede está dacordo coas condicións arriba expostas, pode solicitar o espacio de aloxamento web enviando un correo á Unidade de Atención a Centros. Recordámoslle que só se tramitarán as solicitudes que veñan desde a conta de correo dun centro educativo e non desde contas persoais.

Distribuir contenido