
Campaña
de fluoración e prevención da carie
Como ven sendo habitual, este ano estase levando a cabo a
campaña de enxaugues con flúor nos centros docentes, promovido pola
Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en conxunción coa Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria. Esta Consellería surte ós centros de
as unidades de flúor precisas para unha toma semanal, en forma de xarope de
agradable sabor, envasadas en tarros plásticos estériles de fácil uso, e
tamén distribúen servilletas para despois do enxaugue. Os envíos constan de
caixas con 500 envases monodose ( individuais ) de fluoruro sódico ó 2%, 500
panos e 20 bolsas de desfeitos.
As tomas son rexistradas nun impreso que se remite á Consellería ao final do curso, con efectos estadísticos.
O flúor resulta un poderoso aliado en contra da formación das caries, reforzando o esmalte dental, e evitando a súa corrosión. Aínda así, os nenos en periodo de dentición non deben tomalo, pois podería causar a tinción permanente dos dentes ( manchas ).
Aparte, a Consellería de E.e O.U. envía uns caderniños para facer nas clases, os cadernos de saúde bucodental, como materia transversal, que consisten en divertidos pasatempos e actividades como dar cores, completar, etc, fáciles e entretenidos.
Fluoriño,
así chaman os nenos ao caderno de actividades fornecido pola Xunta para a
prevención da carie. Contén divertidas actividades como encrucillados, sopas
de letras, etc. Os nenos completan unha ficha unha vez á semana, cando toca a
toma da dose de fluoruro sódico.
Acordouse a toma do colutorio nas clases, para evitar a perda de tempo e o alboroto que se formaba indo aos servicios, como se viña facendo ata agora.
Ten un sabor agradable, e só tardarán uns minutos en protexer os seus dentes contra da carie.