

Xa comezada o ano pasado, este curso tamén estase a recoller todo tipo de pilas ou baterías usadas en pequenos contenedores fornecidos pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, dispostos en cada clase, onde os nenos poden traer da casa as baterías gastadas de xoguetes ou outros aparatos.
Lembremos que o contido de moitas de estas pilas e baterías é altamente tóxico, contendo mercurio, litio ou cadmio, substancias que cando se tiran ao lixo, tras degradarse o envoltorio, pasan ao medio natural, ríos, mares, acuíferos, etc onde poden intoxicarnos ben directamente pola bebida, ou a través dos peixes que comemos, e no caso das pilas de botón, unha sola pode contaminar ata 600.000 litros de auga.
Lembrovos que a Consellería do Medio Ambiente, dispón de un BUZÓN VERDE onde poder facer algunha suxestión no eido da conservación do medio ambiente. Tamén podes solicitar calqueira tipo de información nese eido, indo ó formulario que para tal dispón a páxina da Consellería.
Consellería de Medio Ambiente
Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental
Departamento de Educación e Información Ambiental
Rúa Basquiños nº. 2
15771 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf.: 981-541-763 Fax: 981-541-765